AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama unhas pensións públicas dignas para que ninguén pase á pobreza cando se xubile

28 Setembro, 2018 GUE/NGL, Lidia Senra, modepen, palacio de congresos, pensións, santiago, seguridade social, servizos públicos, victoria portas, xabier perez davila, xornadas

lidia, entre maria isabel lemos e john brady e dimitris stratoulis_2720x1528

  • A eurodeputada carga contra a hipocresía do neoliberalismo, que recorta orzamentos nos servizos para as maiorías sociais e aumenta o gasto militar 
  • A UE calcula que no 2030 as pensións privadas, co Produto Paneuropeo de Pensións Individuais, moverían 2,1 billóns de euros, fronte aos 0,7 de hoxe 

Santiago, 28 de setembro de 2018. “Temos a obriga de loitar con uñas e dentes para non deixar ás xeracións que veñen despois, un futuro peor que o que temos hoxe”, defendeu este venres pola mañá en Santiago a eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, durante a inauguración das xornadas “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa”, que se están a desenvolver no Palacio de Congresos, organizadas pola propia Senra en colaboración co Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN). Ao longo de todo o día de hoxe e até o sábado a mediodía, as xornadas congregarán a expertos e expertas chegados non só da Galiza, senón tamén do resto do Estado español, Irlanda, Portugal, Suecia, Finlandia, Grecia e Francia, para abordar a situación que están a atravesar os sistemas públicos de pensións nos diferentes países e artellar posibles vías de traballo en común para defendelos. 

A eurodeputada arremeteu duramente na súa intervención contra a construción neoliberal da Unión Europea (UE), que se construíu e sigue a desenvolverse en contra dos dereitos das xubiladas e xubilados, a pesar de que o artigo 25 da Carta dos Dereitos Fundamentais di que a UE respectará o dereito das persoas maiores a levar unha vida digna e independente. A xuízo de Senra, este artigo non se está a cumprir, máxime tendo en conta que se está a impulsar desde a Comisión Europea e o Parlamento Europeo e o Consello Europeo o chamado Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), para alentar aínda máis o mercado privado das pensións en detrimento dos sistemas públicos.

“Estamos vendo que o que realmente lle preocupa á Comisión Europea (CE) e ás maiorías do Parlamento Europeo é que se dea un escenario no que as pensións públicas poidan reforzarse e que ese mercado privado de apoio á banca e aseguradoras que pretenden impulsar se vexa mermado. Segundo os seus cálculos agora mesmo as pensións privadas moven 0,7 billóns de euros e de aprobarse o PEPP moverían 2,1 billóns de euros de aquí ao 2030”, denunciou Senra.

“Non podemos permitir que ningunha persoa cando acaba a súa vida laboral pase á pobreza. Temos que dar a batalla nas rúas, nas institucións e onde sexa necesario”, defendeu a europarlamentaria, para asegurar que seguirá levando esta voz ao Parlamento Europeo e facendo todo o que sexa posible para mudar a situación actual. Neste sentido, criticou a “hipocresía extrema” que teñen as institucións europeas, “porque están dicíndonos continuamente que hai que reducir os orzamentos dos servizos públicos mentres a realidade é que a UE no Marco Financeiro Plurianual previsto para o 2021-2027 pretende priorizar a defensa, sacar diñeiro público dos servizos públicos básicos para investilo no avance do militarismo. De aquí a dentro de 10 anos prevese que se destinen 100.000 millóns de euros para o gasto militar de forma directa e máis investimento de forma indirecta a través doutros programas como por exemplo o Mecanismo Conectar Europa”.

“Son cuestións que non podemos tolerar. Debemos estar moi activas e activos para cambiar esta UE que o único que fai é avanzar en implantar gobernos autoritarios para combatir a mobilización social. Exixiremos que cambien estas políticas para actuar a favor das maiorías sociais, das persoas”, concluiu Senra.

A xornada “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa”, as xornadas, que están abertas a todas aquelas persoas que queiran asistir, sen necesidades de inscrición previa e de xeito gratuíto, estruturaranse en diferentes coloquios e debates. Na mañá do venres están intervindo Dimítris Stratoúlis, ex vice-ministro da Seguridade Social e membro do Secretariado Político de Unidade Popular de Grecia; María Isabel Lemos, membro da Direcção Nacional da Inter-Reformados/Confederação Geral dos Trabalhadores Portuguesses-Intersindical Nacional (CGTP-IN); e John Brady, deputado no Parlamento de Irlanda polo Sinn Féin. Así como Victoria Portas, portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante de MODEPEN; Xabier Pérez Davila, economista, escritor e membro de MODEPEN; e o doutor en Dereito, inspector de Traballo e Seguridade Social e profesor na Universidade de Valencia Héctor Illueca, xunto con Ramón Franquesa, profesor de Economía na Universidade de Barcelona.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un coloquio para abordar experiencias noutros países europeos, con Christophe Janot, secretario federal da Federación Nacional de Industrias Químicas de Francia (FNIC); Birgitta Sevejford, antiga alcaldesa do Consello do Condado de Estocolmo; e Henri Purje, asesor de política económica do grupo da Alianza de Esquerda no Parlamento de Finlandia.

E o sábado, haberá ás 9:30 horas un relatorio de Carolina Gala Durán, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridad Social da Universidade Autónoma de Barcelona sobre “Muller, pensións e atención ás persoas dependentes”, que será introducida por Miguel Arenas, avogado laboralista, profesor colaborador na Universitat Oberta de Catalunya. E a continuación, a partir das 10:45 horas, terá lugar unha charla sobre “Reparto ou capitalización”, con Miren Etxezarreta, economista, profesora da Universidade Autónoma de Barcelona.

A partir das 12:30 horas, presentaranse as conclusións da xornada e alternativas sobre os seguintes temas: Muller, pensións e dependencia; Reparto e capitalización; As Pensións na Galiza; As reformas de 2011 e 2013; e o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP).

Na xornada tamén participan a deputada de En Marea no Parlamento Galego Paula Vázquez Verao e a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández. O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, tamén estivo a primeira hora do evento acompañando e seguindo e tomando nota das intervencións.

lidia na inauguracion da xornada_2720x1528

luis villares na xornada das pensions_2720x1528

Primeira mesa do venres II_2720x1528

Primeira mesa do venres_2720x1528

Victoria Portas, Conchas Fernandez, Xabier Perez Davila e Hector Illueca, na mesa II

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies