AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama unha UE na que se potencie o transporte ferroviario de cercanías 100% público

20 Maio, 2019 26 de maio, 26m, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, ferroviario, ivan lopez, Lidia Senra, Monforte, Sarria, servizos públicos, tren

No tren de Monforte a Sarria II

  • A eurodeputada e candidata viaxou hoxe en tren desde Monforte a Sarria e exixiu medidas europeas para reducir o uso dos vehículos privados como forma de loitar contra o cambio climático e a mellora da calidade do aire
  • Lembra que neste mandato votou na Eurocámara contra as medidas incluídas no paquete ferroviario europeo que supoñían favorecer a privatización dos servizos de trens e comprométese a seguir neste liña nos próximos 5 anos

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-lidia-senra-tren.mp4

Sarria, 20 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Mareas:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, viaxou este luns pola mañá en tren desde Monforte de Lemos até Sarria, acompañda acompañada por outros integrantes da candidatura europea e polo candidao de En Marea Sarria á Alcaldía, Iván López.

En declaracións aos medios antes de coller o tren, Senra explicou que no seu programa electoral “propoñemos a elaboración dun plan para reducir drasticamente o uso dos coches privados, como forma de contribuír a combater o cambio climático e para defender a calidade do aire.

Nese sentido, a eurodeputada ve prioritario que dentro das medidas para limitar o uso dos vehículos privados, é necesario potenciar e promover os transportes públicos, e afondando nesa idea, “pensamos que o tren é un elemento fundamental”. “Necesitamos que se potencien os trens de cercanías, con frecuencias e paradas útiles para a maioría da poboación e para conectar as pequenas e medianas vilas, non só as grandes cidades. E por suposto, necesitamos que o ferrocarril sexa un servizo de transporte público cen por cen”, defende.

Así, facendo memoria sobre o traballo feito nestes 5 anos na Eurocámara, Senra lembrou que para defender os ferrocarriles públicos, votamos en contra do paquete ferroviario europeo, que implicaba medidas no camiño de favorecer a privatización dos servizos de transporte, e comprometeuse a seguir traballando, despois das eleccións europeas do 26 de maio, en defensa da mellora dos transportes públicos.

Lidia Senra antes de coller o tren en Monforte Lidia Senra antes de coller o tren en Monforte II

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies