AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama no pleno do Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora

27 Abril, 2017 especie invasora, eucaliptos, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pleno
  • Informa de que esta árbore foránea ocupa xa a cuarta parte da superficie forestal galega, xerando graves problemas socioambientais 
  • A eurodeputada galega pide que se atenda o sentir da sociedade, e tamén as denuncias da FAO, e se poña fin á expansión desta árbore

 

Bruxelas, 27 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores pola noite no pleno do Parlamento Europeo, en Bruxelas, que o eucalipto sexa declarado especie exótica invasora preocupante. Senra tomou a palabra no hemiciclo europeo, durante a quenda de intervencións relacionadas con asuntos de actualidade, para explicar a situación que se vive na Galiza con respecto a esta especie. Así, denunciou que segundo datos do 2016, “o eucalipto ocupa xa máis 400.000 hectáreas, case a cuarta parte da superficie forestal galega, xerando graves problemas socioambientais”.

A europarlamentaria lembra que os eucaliptos, debido ás súas substancias alelopáticas e a ser un monocultivo, converten os terreos en áreas con escasa biodiversidade. “As súas raíces absorben grandes cantidades de auga, impedindo a filtración de augas cara aos acuíferos, e secando regatos, fontes e demais. Ao ser prantas pirófitas, favorecen os incendios forestais; traen consigo pragas e enfermidades que provocan a aplicación de insecticidas e fungicidas; e tamén é frecuente a aplicación de glifosato para diminuír a carga do soutobosque”, explica Lídia Senra.

A súa expansión non so provoca a desaparición de masas boscosas de elevado valor tanto ambiental, senón que tamén invade solo agrícola. Produce degradación da paisaje e atenta contra a integridade e supervivencia de elementos do patrimonio cultural (pinturas rupestres, asentamientos paleolíticos ou monumentos megalíticos). Senra considera que hai razóns máis que suficientes para .que o eucalipto sexa declarado especie invasora na Galiza. Así, lembra que as problemáticas que conlevan as plantacións desta especie xa teñen sido denunciadas pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) e que o Consello de Europa debateu hai escasos meses para declaralo como tal. É por iso que Senra tamén instou hai xa unha semana á Comisión Europea, por escrito, para que inclúa o eucalipto na súa lista de especies exóticas invasoras preocupantes establecida no Regulamento 2016/1141 de conformidade co Regulamento 1143/2014 sobre a prevención e xestión da introdución e propagación das mesmas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies