AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama no Parlamento Europeo controis para evitar que se estendan pragas como a da couza da pataca

15 Marzo, 2017 agricultura, couza guatemalteca da pataca, escándalos alimentarios, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pleno, seguridade alimentaria
  • A eurodeputada galega tomou a palabra no pleno da Eurocámara para esixir que se combata a orixe dos escándalos alimentarios 
  • Pide tamén o desenvolvemento de regras específicas da UE que garantan a continuidade dos produtos caseiros e dos mercados locais

Estrasburgo, 15 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo desta semana, en Estrasburgo, para reclamar o reforzo de controis que eviten que pragas como a coñecida couza guatemalteca da pataca, que tanto está a afectar nas terras galegas, siga entrando no territorio da UE e se siga estendendo polos nosos países. Senra puxo sobre a mesa esta demanda durante o debate en Estrasburgo sobre “Lexislación sobre alimentos e pensos, normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios”.

A eurodeputada galega reclamou ademais, durante a sesión plenaria, “o desenvolvemento de lexislación para combater a orixe dos maiores escándalos alimentarios”. “Refírome a poñer en marcha mecanismos que corten a lóxica do modo de produción industrial”, explicou, lembrando que “as fariñas de carne eran legais e sen embargo provocaron un dos maiores escándalos coñecidos na Unión Europea”. “Os controis de hoxe non van evitar os escándalos dos transxénicos ou dos pesticidas de mañá”, advertiu a europarlamentaria.

Así mesmo, Lídia Senra tamén pediu que no desenvolvemento da lexislación en debate se adopten “regras específicas para que os produtos caseiros e a transformación a pequena escala teñan unha normativa propia que permita a súa continuidade e a venda nos mercados locais e circuitos curtos de comercialización”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies