AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama na UE que Cuntis sexa incluída xa no mapa galego de áreas con risco de inundación

27 Febreiro, 2017 ARPSI, Comisión Europea, Cuntis, enchentes, GUE/NGL, inundacións, Lidia Senra, río Gallo, Veciñanza
  • Rexistra unha pregunta por escrito dirixida á CE instando a adoptar as medidas necesarias para evitar o perigo de enchentes do río Gallo 
  • A europarlamentaria galega critica que a Xunta se desentendese desta situación e que non vaia facer nada até polo menos o ano 2022 

20170227_134413_1524x1058 20170211_131531_2656x1494 20170211_121928_2656x1494

Santiago, 27 de febreiro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera necesario que o municipio de Cuntis sexa incluído canto antes no mapa galego das Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI). Por iso, ante a deixadez da Xunta da Galiza neste materia, a europarlamentaria ven de rexistrar unha pregunta por escritio dirixida á Comisión para que inste á Administración autonómica a tomar medidas  fronte ás continuas enchentes do río Gallo.

Senra explica que os veciños e veciñas de Cuntis levan máis de 20 anos reclamando unha solución para as enchentes do río Gallo e dos seus afluentes, un problema que se agravou coa construción da variante da estrada N-640, que deixou un desaugadoiro do río insuficiente para o caudal. Hai tamén rúas con serios problemas na rede de sumidoiros e non se fai correctamente a separación de augas pluviais de fecais que chegan á EDAR, o que agrava, ademais, os problemas medioambientais. Os asolagamentos das canles fluviais provocan anualmente cuantiosos danos materiais nas casas e en establecementos comerciais, algo do que está ao tanto a administración estatal, xa que o Consorcio de Compensación de Seguros do Estado Español tivo que indemnizar a moitos veciños e veciñas en reiteradas ocasións por esta situación.

No ano 2014 a Consellaría de Medio Ambiente aseguraba que incluía a Cuntis entre as ARPSI, en cumprimento da Directiva 2007/60/CE. Sen embargo, publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG) do 8/9/2014 a resolución dos mapas ARPSI, constátase que a zona máis conflitiva quedou excluída (km 217 da N-640). Ante tal situación, que Lídia Senra coñeceu de primeira man hai unhas semanas cando visitou Cuntis e fixo un roteiro pola localidade acompañada por representantes do grupo municipal de Veciñanza, a eurodeputada pregúntalle directamente á CE se considera que Augas de Galiza cumpriu coa Directiva Europea actuando así. Tamén lle pregunta se cre que o Goberno galego actúa de xeito responsable afirmando que os mapas non se volverán actualizar até 2022 e que polo tanto non hai nada que facer até ese ano. Senra pregúntalle á Comisión Europea que mecanismos considera que se deben pór en marcha para atallar o risco e perigo de enchentes no concello xa.

A tramitación da resposta adoita tardar entre 4 e 6 semanas e a eurodeputada estará moi pendente da contestación da CE para seguir a reclamar que se inclúa este punto nos mapas ARPSI.

(Todas as fotos son do día da visita a Cuntis, onde Lídia Senra puido comprobar a través dun roteiro pola vila as diferentes problemáticas, acompañada polos concelleiros de Veciñanza e polo deputado no Parlamento Galego Antón Sánchez e a deputada no Congreso do Estado Español Alexandra Fernández)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies