AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019 abadin, abeledo, accesibilidade, cadeira de rodas, Comisión Europea, GUE/NGL, Lidia Senra, pilar fernandez lopez

VdMRXGtM

  • Denuncia que esta persoa de Abeledo, en cadeira de rodas, leva desde 2013 sen pode entrar e saír da súa vivenda pola subida de nivel da pista de diante

  • A eurodeputada reclama en Bruxelas que as institucións galegas cumpran os compromisos da Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020

Santiago, 09 de abril de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, denunciou hoxe na Comisión Europea (CE) a situación de falta de accesibilidade á súa vivenda que leva padecendo desde hai moitos anos Pilar Fernández López, veciña de Abeledo, en Abadín (Lugo) e que ten unha condición de mobilidade reducida cun grao de discapacidade do 84 por cento, o que a obriga a utilizar sempre cadeira de rodas para os seus desprazamentos.

A europarlamentaria rexistrou esta mañá en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que lle informa de que desde hai vinte anos, a pista que pasa por diante da vivenda de Pilar Fernández foi asfaltada en numerosas ocasións, o que provocou unha constante subida no nivel da estrada, estando hoxe por riba de 12 centímetros do nivel da entrada da súa casa, o que lle impide o acceso sen axuda. No 2013, alertada porque se prevía botar novamente aglomerado sobre a pista, a afectada presentou escrito ante o Concello, solicitando non só que non aumentasen a altura do nivel, senón que se aproveitara para eliminar dunha vez a barreira. Despois de todos estes anos, continúa sen recibir resposta nin solución, a pesar de que a situación tamén foi denunciada ante a Valedora do Pobo e ante a Xunta de Galicia, e a pesar de toda a solidariedade xerada e apoio recibido por diferentes colectivos.

Ante esta situación de falta de resposta e solucións por parte das Administracións galegas, Lídia Senra pregúntalle á CE se non considera a Comisión que esta situación vulnera os compromisos da Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020. E tamén, se pensa tomar algunha media, tendo en conta o artigo 1, 21 e 26 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE; os 10 e 19 do Tratado de Funcionamento da UE e a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade das Nacións Unidas.

Senra defende que o que non se pode permitir é que por culpa dunhas obras levadas a cabo por unha Administración nunha vía pública, unha persoa deixe de ter accesibilidade á súa propia casa. “En lugar de avanzar na eliminación de barreiras para persoas con mobilidade reducida, resulta que imos cara atrás”, denuncia a eurodeputada, que non ve xustificación algunha para que desde o Concello ou desde a Deputación provincial ou o propio Goberno galego non actúen de inmediato para rectificar esta situación que nunca se tiña que ter producido. Senra lembra que o artigo 1 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE recolle que “a dignidade humana é inviolable. Será respectada e protexida” e que o artigo 26 establece que “a Unión recoñece e respecta o dereito das persoas discapacitadas a beneficiarse de medidas que garantan a súa autonomía, a súa integración social e profesional e a súa participación na vida da comunidade”. Así mesmo, o artigo 21 de dita Carta prohibe toda discriminación por razón de discapacidade. “Creo que é obvio que se están a incumprir estes dereitos e que se debe corrixir sen máis demora a situación e pedir desculpas a Pilar”, afirma Lídia Senra.

A eurodeputada explica que o Tratado de Funcionamento da UE estipula que a Unión, na definición e execución das súas políticas e accións, debe tratar de loitar contra toda discriminación por razón de discapacidade (artigo 10) e que adoptará accións axeitadas para loitar contra a discriminación por motivo de discapacidade (artigo 19). Tamén a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade das Nacións Unidas, instrumento internacional xuridicamente vinculante no ámbito dos dereitos humanos do que son partes a UE e os seus Estados membros, exixe a todas as partes que protexan e salvagarden os dereitos humanos e liberdades fundamentais das persoas con discapacidade. “Se temos as normas, pero na práctica non se aplican, de pouco valen”, advirte Senra, que urxe a todas as Administracións a tomar cartas no asunto xa e cumprir os requisitos de accesibilidade de todos os produtos e servizos para a cidadanía. Para Senra, estamos ante un claro caso de “violencia institucional e maltrato contra unha muller con discapacidade no rural. Non podemos deixar pasar máis”.

PE Accesibilidade Lugo 090419

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies