AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama na CE a adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores ao Sistema Universitario

10 Abril, 2017 artes, Comisión Europea, Convenio Cultural Europeo, erasmus, GUE/NGL, homologación, Lidia Senra, titulacións artísticas superiores, Universidade
  • A eurodeputada galega recolle o sentir de estudantes, profesorado e profesionais da cultura en defensa de homologar as titulacións 
  • Insta á Comisión Europea a tomar medidas para que o Estado español deixe de ser unha excepción entre os países da UE 

pregunta a comisionSantiago, 10 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou en Bruxelas un escrito dirixido á Comisión Europea (CE) denunciando que as Ensinanzas Artísticas Superiores permanecen na Galiza e no conxunto do Estado español sen integrarse no Sistema Universitario.

Senra denuncia esta situación na institución comunitaria e advirte de que con esta parálise viólase o Convenio Cultural Europeo e o Estado español está a perpetuarse en ser unha excepción en relación co resto de Estados membros da UE, que si teñen estes graos universitarios.

A europarlamentaria recolle o sentir de estudantes, profesorado e profesionais da cultura, que levan anos reclamando que a Universidade Pública ofreza titulacións de Grao e Post-Grao en Ensinanzas Artísticas como única forma de que o Estado español se equipare e converxa do resto de países da UE adheridos ao Convenio Cultural Europeo. “Que o Ministerio de Cultura se negue a abrir unha Mesa de Diálogo coas Comunidades Autónomas para solucionar esta situación e integrar estas ensinanzas dunha vez por todas no sistema universitario é inaceptable”, valora Lídia Senra. É por iso que decidiu facerlle saber á CE o que está a pasar para que tome posición.

E é que non se trata dun simple debate nominal, senón que o feito de que as ensinanzas artísticas non estean na universidade xera consecuencias tanto no plano económico como no cultural. En efecto, rebaixa a percepción do valor que aporta a cultura; impide que os centros nos que se imparten estas ensinanzas poidan establecer relación con outros centros da UE debido á falta de homologación; as alumnas e alumnos non poden acceder á solicitude de residencias universitarias ou aos programas Erasmus; o réxime laboral do profesorado é peor; e tamén supón atrancos para a actividade investigadora.

“Pensa a CE adoptar algunha acción para que o Estado español deixe de ser unha excepción no cumprimento da Convención Cultural Europea nesta materia?, pregúntalle Lídia Senra á Comisión. Ademais, interésase para que a CE se pronuncie sobre se pensa poñer en marcha algún tipo de mecanismo para corrixir a discriminación que sofren os e as estudantes galegos e do Estado español de ensinanzas artísticas no acceso ao programa Erasmus fronte a outros estudantes da UE.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies