AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama igualdade para a lingua galega ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo

11 Setembro, 2018 galego, GUE/NGL, igualdade lingüística, Lidia Senra, lingua, Parlamento Europeo, pleno
  • A deputada denuncia que só 30% das persoas entre 15 e 19 anos falan galego e só o 0,01% dos contidos en internet están no noso idioma 
  • Exixe poder expresarse na lingua propia na UE e acabar con séculos de imposición á forza das linguas alleas para facelas predominantes

Estrasburgo, 11 de setembro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou no pleno do Parlamento Europeo, que esta semana se está celebrando en Estrasburgo, igualdade para a lingua galega en todos os ámbitos e que todos os eurodeputados e eurodeputadas poidan expresarse en sede parlamentaria nas súas respectivas linguas, tamén nas que as institucións europeas chaman linguas minoritarias e que en realidade “son linguas ocultas e minorizadas pola imposición á forza e durante séculos das linguas alleas para convertelas en predominantes”. Así o puxo de manifesto durante unha intervención que levou a cabo este luns pola noite na Eurocámara durante o debate dun Informe sobre Igualdade Lingüística na Era Dixital que hoxe se somete a votación[1].

Senra pediu a palabra no pleno do Parlamento para defender que “o recoñecemento por parte das institucións europeas do galego e de todas as linguas dos pobos que conforman a realidade plurinacional dos Estados membros é fundamental e non pode depender só das decisións que toman os Estados que nos oprimen como pobos”.

Así, fixo fincapé na grave situación que está a atravesar a lingua galega no noso país, onde segundo os datos do último informe “Lingua e Sociedade 1992-2016”[2], elaborado pola Real Academia Galega, só o 30% das persoas de entre 15 e 19 anos falan o galego, fronte ao 75% das persoas maiores de 75 anos. O descenso nas xeracións máis novas é dramático e non cesará se non mudamos tamén a tendencia na presenza da lingua en internet. “O galego representa menos do 0,01 % dos contidos web. O galego ten que estar en igualdade de condicións presente en internet nesta era dixital para permitir que as persoas galego falantes poidamos desenvolvernos na rede con total normalidade en galego”, reclamou. Así pois, Lídia Senra, que avanzou o seu voto a favor do informe pola Igualdade Lingüística na Era Dixital, pediu que a Comisión Europeo tome as medidas necesarias para desenvolver estas prioridades.

__________________________________________-

[1] Aquí pódese consultar o informe completo abordado no pleno do Parlamento Europeo desta semana:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+REPORT+A8-2018-0228+0+DOC+XML+V0//PT

[2] Aquí o informe da Real Academia Galega:

https://academia.gal/documents/10157/704901/Lingua+e+sociedade+1992-2016

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies