AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama a revisión das cotas pesqueiras que se asignan aos Estados e dos criterios do reparto por non ser coherentes coas necesidades da flota galega

15 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, cofraria da coruña, compromiso por europa, cotas, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, pesca, TACs

photo5972177778168147989 (3)

  • Reuniuse esta tarde con representantes do sector do mar, na Confraría de Pescadores da Coruña, e comprometeuse a seguir loitando fronte a unha PPC que non responde aos problemas de aquí
  • A eurodeputada e candidata á reelección avoga tamén pola retirada da proposta da Comisión Europea de modificación do Regulamento de control da pesca porque implicará maiores cargas para os barcos de pequena escala

A Coruña, 15 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este mércores pola tarde na Confraría da Coruña, onde mantivo unha reunión con representantes do sector do mar da comarca coruñesa, acompañada pola tamén membro da lista electoral europea, veciña de Oleiros, Luz Marcos Buján, así como por outros membros de En Marea.

Durante o encontro, Senra explicou que neste mandato reclamou a revisión das cotas pesqueiras que se asignan aos Estados e dos criterios que se aplican para o reparto, por non ser coherentes coas necesidades da flota galega. “A pesca artesanal galega non ten cotas dignas suficientes para poder vivir”, denunciou a europarlamentaria e candidata á reelección, que asegurou que, de obter escano de novo, tras as eleccións do 26 de maio volverá reclamar no Parlamento Europeo que a pesca artesanal teña un trato diferenciado e quede fóra de TACs e cotas.

Senra considera que a actual Política Pesqueira Común (PPC) mostrouse incapaz de atallar os problemas da flota galega e das poboacións costeiras, xa que as medidas que se adoitan formular desde as institucións europeas son ditadas polos grandes do sector e moitas veces a súa xestión e aplicación corresponde a persoas que non coñecen as nosas realidades. Así, apostou por seguir presionando tamén para que se retire a proposta da Comisión Europea para modificar o Regulamento de Control de Pesca, porque implicará maiores cargas para a pesca artesanal galega novamente.

Lídia Senra tamén marcou como prioridade para seguir traballando durante os próximos 5 anos, a defensa da limpeza e da rexeneración das rías galegas e poñerlle freo á contaminación das augas. Así, lembrou o traballo feito para denunciar en Bruxelas a situación na que está a ría do Burgo.

“O dereito a empregos dignos e seguros e a supervivencia dos nosos sectores produtivos e dos territorios que viven deles deben estar por riba dos intereses do capital. O sector pesqueiro afronta na próxima lexislatura desafíos coma o Brexit, novas medidas técnicas ou a obriga de desembarque. Por iso é imprescindible continuar tendo unha voz forte no Parlamento Europeo na defensa dos pescadores e pescadoras das flotas galegas”, defende.

photo5972177778168147983

photo5972177778168147984 (1) photo5972177778168147985 photo5972177778168147986 photo5972177778168147987 photo5972177778168147988

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies