AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama a retirada das propostas do informe dos cinco presidentes e parar a militarización da UE

16 Xuño, 2017 cinco presidentes, GUE/NGL, Lidia Senra, militarización, neoliberalismo, refundación de Europa, UE, Unión Económica e Monetaria
  • A eurodeputada mantivo esta posición no marco do debate no pleno do Parlamento Europeo desta semana sobre a refundación de Europa 
  • Avoga por poñer fin á Unión da Defensa, por respectar o dereito a decidir dos pobos e pola negociación colectiva 

Estrasburgo, 16 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), durante o debate no pleno do Parlamento Europeo, levado a cabo en Estrasburgo esta semana sobre “Refundación dunha Europa baseada en valores, fundamentada en institucións democráticas eficaces e capaz de promover unha economía próspera nunha sociedade xusta e cohesionada”, acusou ás forzas neoliberais de estar a “xogar coas palabras” e asegurou que, efectivamente cómpre “refundar Europa”, pero “vostedes non están por refundar nada”.

“Vostedes o que nos propoñen, un día si e outro tamén, é seguir afondando nesta UE neoliberal, insolidaria; que trae consigo as políticas de austeridade que destrúen os servizos públicos, aumentan o desemprego, pechan as explotacións labregas, empobrecen a precarizan ás clases traballadoras e ao conxunto das clases populares, aumentan a pobreza infantil que afecta no Estado español xa a 1 de cada 3 nenos e nenas e fomentan o desemprego e a precarización da mocidade, entre outras moitas catástrofes”, considera a parlamentaria. Así, aclarou que refundar a UE baseada en valores e asentada en institucións democráticas significa “construír unha nova Europa partindo de respectar o dereito a decidir dos pobos, de poñer os dereitos humanos por diante dos intereses do libre mercado e do Capital e abandonar definitivamente a axenda neoliberal”.

Para que esta refundación sexa posible, Lídia Senra chamou a retirar “xa” as propostas contidas no chamado informe dos “Cinco Presidentes”, un plan para o futuro da UE asinado no 2015 polo presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, o presidente do Cumio do Euro, Donald Tusk, o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, o presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, e o presidente do Parlamento Europeo, daquela Martin Schulz, que inclúe afondar na Unión Económica e Monetaria co fin de completala no 2025 como moi tarde; ou crear un sistema de autoridades da competitividade da zona euro, cuxas opinións deberán ser utilizadas polos interlocutores sociais durante as negociacións para fixar os salarios. “Parece que xa non lles abonda coas reformas laborais, que aínda precisan dunha autoridade da competitividade que controle ou limite en aras da competitividade o nivel dos salarios, como fan na acutalidade cos prezos agrícolas”, criticou a deputada.

A europarlamentaria tamén engadiu que “deben poñer fin ademais ao proxectos de Unión da Defensa na que van utilizar miles e miles de millóns de euros dos orzamentos, tanto da UE como dos Estados membro, para avanzar na construción dun aparato militar para seguir impoñendo pola forza os intereses desta Unión neoliberal e en detrimento das políticas de emprego, das políticas sociais e do mantemento dos servizos públicos”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies