AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama a posta en marcha dunhas políticas activas que permitan fixar poboación nas montañas

6 Maio, 2017 alta montaña, GRD, GUE/NGL, Lidia Senra, PDR, Pobra do Brollón
  • A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolleu este sábado unha xornada organizada pola eurodeputada na que se analizaron os PDR 
  • Critican que os programas de subvencións da UE non serviron para manter vivas as zonas rurais galegas e demandan un cambio de sentido

 Lidia Senra, entre Victor Alvarez e Ana Rodriguez_2656x1494

Pobra do Brollón, 6 de maio de 2017.  A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), inaugurou este sábado pola mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura “Olga Novo” da Probra do Brollón (Lugo), a xornada sobre Programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña. O evento, organizado pola propia europarlamentaria, reuniu durante todo o día a diferentes persoas expertas en Plans de Desenvolvemento Rural (PDR) a nivel europeo e Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) na Galiza, así como a persoas que están a desenvolver hoxe en día diferentes proxectos económicos e sociais de cara a manter unha montaña viva e dinámica, como son os representantes de Caurelor, Aceites Figueiredo, a Asociación veciñal e cultural de Vieiros (Quiroga) ou do proxecto da candidatura Montañas do Courel a Xeoparque Mundial da Unesco. Senra chamou a facer todo o posible para incidir na elaboración do próximo PDR e intentar que se axeite ás necesidades que hai na Galiza para manter as montañas vivas, xa que unha vez que os plans están en vigor, como é o actual 2014-202, “os lamentos non valen para nada”.

Na liña, Víctor Álvarez Arias, membro de LugoNovo, definiu os PDR como a “base da estratexia para desenvolver todas as políticas agrarias na Galiza”, e, non obstante, criticou que “teñen moitos defectos”. “1.200 millóns, se se invisten ben, deberían valer para algo”, dixo, e chamou a facer un balance dos beneficios ou non que trouxeron para a agricultura e a gandería estes plans.

Neste sentido, Ana Rodríguez Vázquez, ex xerente de PDR e ex responsable de desenvolvemento rural do Sindicato Labrego Galego (SLG), afirmou que “os PDR para pouco valeron neste país, tendo en conta que nos pobos rurais cada vez queda menos xente vivindo e cada vez hai menos explotacións agrarias e gandeiras”. Así, atacou o feito de que a pesar de que na exposición de motivos do PDR actual, o 2014-2020, se fai mención a que os anteriores programas non funcionaron ben e sigue habendo os mesmos problemas estruturais, en realidade continúase co mesmo sistema. Rodríguez Vázquez fixen un repaso por todas as subvencións e axudas que se inclúen nos PDR e ás condicións que hai que cumprir para poder acceder a elas.

Como problema de fondo, na xornada analizouse o feito de que no actual PDR galego, un 25% dos fondos van para proxectos forestais, mentres no estatal, a partida para este tipo de actividades quedan no 16%. En canto a modernización de explotacións agrarias e gandeiras, os recursos destinados nestes PDR son 61,3 millóns menos que no anterior; e os destinados a incorporación de mozos tamén descenderon en 3,5 millóns. Sen embargo, no capítulo de forestal aumenta en case 38 millóns e para medidas relacionadas con agroambiente e clima descenderon un 61,2%, destinando para agricultura ecolóxica 680.000 euros soamente. Ante estas cifras, as persoas participantes na xornada preguntáronse “onde queda o ámbito agrario no PDR?”. “A onde nos está a levar esta Administración con este tipo de plans, que tipo de explotacións quere impulsar?”, reflexionaron as presentes.

Lídia Senra e o resto de participantes, -entre os que tamén estiveron Óscar Carrete Lage, concelleiro e voceiro de C@aurel Vivo, e a deputada en En Marea no Parlamento Galego Paula Verao-, coincidiron en que no fondo, segue sen haber facilidades para asentar postos de traballo nas zonas do rural e continúan as políticas que deseñan subvencións a medida para as grandes empresas. Así, realizaron un chamamento a activarse no debate e dar a batalla para evitar que desapareza a actividade agraria nas zonas de montaña. “O momento no que desaparece a actividade agraria, non será posible o desenvolvemento do medio rural”, advertiu Senra, despois de reivindicar tamén a importancia de promover o comercio dos produtos locais.

Mesa da tarde na xornada de alta montanha na Pobra do Brollon, moderada por Orscar Carrete_2656x1494

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies