AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra promove en Bruxelas a mostra do galego Gabriel Tizón “A Europa d@s nen@s perdid@s”

1 Abril, 2019

 

Bruxelas, 01 de Abril de 2019. As alarmas saltaron no ano 2016, cando un informe da Europol alertou de que alomenos 10.000 nenas e nenos refuxiados desapareceran nada máis pisar Europa. Sen embargo, e malia que dende institucións a tódolos niveis, organizacións gubernamentais e ONG’s seguen a denunciar que esta situación persiste, as explicacións dilúense nun inconcreto abano que oscila dende a posibilidade de que estas nenas e nenos abandonen voluntariamente os centros de retención de migrantes, pasando por teren sido obrigados por mafias a separarse do resto de familiares, ate o secuestro para tráfico de órganos e prostitución. Unha vez máis, achegarnos ao rol que a UE está a ter con respecto ao drama humanitario que está acontecendo no seu propio territorio non pode provocar máis que vergoña e indignación.

Preocupada por esta realidade, a eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra promove esta semana en Bruxelas a exposición “A Europa d@s nen@s perdid@s”, do fotógrafo galego Gabriel Tizón [PÁXINA OFICIAL]. A mostra será inaugurada este mércores 3 de abril no Centro Galego La Tentation ás 18.30hrs., e contará con unha introdución a cargo da propia Lídia Senra e unha presentación da exposición en profundidade a cargo do autor.

 “Dende o inicio da crise das persoas refuxiadas en Europa, fai agora tres anos, dous millóns de persoas camiñaron polas nosas fronteiras desesperandamente. Son familias enteiras que fuxen da morte segura, que non teñen outra opción que camiñar en contra da súa vontade, sen destino final, e aínda que parece que non, continúa ocorrendo”, lembra Tizón. “Pero dentro de todas estas persoas inocentes, hai unhas persoas inocentes dentro dos inocentes,  os nenos e as nenas”.

Dende o primeiro momento en que Europa comezou a prestar atención mediática á situación dos milleiros de persoas que estaban -e están- tentando chegar ao continente fuxindo da morte nos seus países, a maioría dos cativos e cativas que chegan fano sós e soas. Nestes últimos tempos mesmo se está a perceber que cada vez as nenas e nenos que fan este percorrido sós teñen menos idade. “As familias optan por envialos coa esperanza dunha vida mellor sen ter diñeiro para poder acompañalos, e outros son separados das súas familias nesta viaxe de perigos, onde as mafias aproveitan o caos e o abandono dos responsables”, explica o fotógrafo galego. “Estos nenos e nenas desaparecen por mafias e traficantes que traballan o longo de todo o camiño,  engánannos ás veces, outras simplemente usan a forza, e  o destino final case sempre é o mesmo:  a escravitude, a prostitución e o tráfico de órganos”.

Para a eurodeputada Lídia Senra, esta mostra fotográfica “proporciónanos a posibilidade de achegarnos á crise humanitaria da que está  a ser cómplice a Unión Europea dun xeito máis realista e comprensible do que moitas veces permiten os datos e os papeis. Ao fin e ao cabo, unha imaxe vale máis que mil palabras. Pensamos tamén que é interesante achegar a Bruxelas o traballo neste eido desenvolvido por un fotógrafo galego, e agardamos que serva para seguir petando nas conciencias e para que dunha vez por todas as institucións europeas asuman as súas responsabilidades e poñan fin a esta traxedia”.

Grabriel Tizón trasladará tamén este mércores ás deputadas/os do GUE/NGL a súa experiencia ao longo de 14 países documentando o día a día das persoas refuxiadas que consiguen chegar a Europa.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies