AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Precisamos alcanzar a soberanía alimentaria para ter soberanía como pobo”

16 Outubro, 2015 acordos comerciais, agricultura, cambio climático, clonación, clonaxe, Comisión Europea, crise agrícola europea, crise de dereitos, dereito a decidir, economía rural, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización, Lidia Senra, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade
  • Hoxe celébrase o Día de Acción Global pola Soberanía Alimentaria, coordenado pola Vía Campesina Internacional
  • O vindeiro martes 20 Lídia Senra accederá por segunda vez á sala de documentos “non oficiais” do TTIP para consultar aspectos agrarios

 Bruxelas, 16 de Outubro 2015. A soberanía alimentaria[1] é unha reivindicación que vai máis alá do dereito á alimentación, situándoo como o dereito dos pobos a decidir políticas agrarias e alimentarias para garantir a súa propia alimentación, desenvolvendo un modelo agroecolóxico que asegure unha alimentación de calidade e con prácticas produtivas respectuosas cas labregas e labregos e ca Natureza.

Hoxe, Día de Acción Global pola Soberanía Alimentaria, o movemento agrario La Vía Campesina[2] e a organización internacional Grain difunden o vídeo Xuntos/as podemos enfriar o planeta, no que abondan na análise da importancia de retomar a agricultura labrega como estratexia para frear o cambio climático, e reiteran a necesidade de manter nas mans das persoas a produción e distribución dos alimentos, en detrimento da abafante agroindustria.

Así llo reiterou tamén a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, ao Comisario de Medioambiente, Miguel Arias Cañete, o pasado mércores en sesión plenaria ao respecto do debate sobre cambio climático: “O modelo de produción industrial e unha comercialización que fai circular os nosos alimentos, milleiros e milleiros de quilómetros, son responsábeis dun elevadísimo volume de emisións; vostede sábeo, pero seguramente os intereses dunhas poucas corporacións transnacionais impiden que fale disto a hora de buscar alternativas para contribuir na loita contra o cambio climático”.

O control da alimentación como ferramenta político-económica no marco do sistema capitalista é unha reflexión asumida como estratexia xa dende finais do século pasado, resumida polo magnate estadounidense Henry Kinssinger no ano 1970 na sentencia “dádeme o petróleo e controlarei ás nacións. Dádeme a comida e controlarei os pobos”.

Polo tanto, “precisamos alcanzar a soberanía alimentaria para ter unha soberanía real como pobo”, lembrou hoxe dende Bruxelas Senra.

Na actualidade, “son os tratados de libre comercio (TLC’s) e a especulación alimentaria a través financiarización da alimentación os dous principais ataques tanto ao dereito a termos acceso á alimentación como a que esta sexa de calidade”, sinala a eurodeputada galega. Aliás, “é moi posíbel que en pouco tempo teñamos que enfrontar de novo unha vella ameaza, o rexurdimento da Organización Mundial do Comercio (OMC), xa que segundo os documentos públicados, dende o ano 2013 a UE ten vontade de recuperar as negociacións agrarias da Ronda de Doha”.

Acceso á sala TTIP

Na actualidade, é precisamente un destes tratados de libre comercio, o TTIP (ATCI, Asociación Transatlántica sobre Comercio e Inversión), un dos principais elementos que, de ser aprobado, dificultaría inda máis a soberanía das persoas e dos pobos en relación a súa propia alimentación.

“O TTIP ataca ás denominacións de orixe (DO’s) e indicacións xeográficas protexidas (IXP’s), ás políticas públicas en materia de agricultura e alimentación; suporía tamén abrir a porta aos organismos xeneticamente modificados e á clonación animal, entre outras cousas, distanciando inda máis, polo tanto, a consecución da soberanía alimentaria dos pobos”, analizou a eurodeputada de AGEe, que o vindeiro martes 20 de 9.00 a 11.00hrs. accederá á sala de documentos non oficiais do TTIP localizada no Parlamento Europeo, no que será a súa segunda consulta desta documentación confidencial logo da realizada no pasado mes de xuño.

“A primeira vez tiven a sensación de que mesmo nesa sala de documentación confidencial non está toda a información precisa para coñecer exactamente o que se está a negociar…”, lembrou Senra, “e moi posíbel que nesta segunda consulta perciba o mesmo, porque non temos visto ultimamente avances en materia de transparencia con respecto a este tratado…”. Polo tanto, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa “estaremos moi atentas non só ao contido da documentación, senón tamén ás estratexias de sesgo de información e ocultamento como a que parece atoparse ao observar a selección de textos recollidos por exemplo na sala do TTIP, onde, supostamente, deberían proporcionar a todas as eurodeputadas/os información completa sobre este acordo de liberalización comercial que tería un impacto fortísimo sobre numerosos aspectos da nosa vida cotiá.”

[1]O concepto de soberanía alimentaria foi desenvolvido pola Vía Campesina (LVC) e levado ao debate público con ocasión do Cumio Mundial da Alimentación no 1996, ofrecendo unha alternativa ás políticas neoliberais. Na súa definición tiveron un especial peso as mulleres integrantes do movemento global campesino, incorporando, entre outros aspectos, a consideración de que a soberanía alimentaria vai máis alá de ser un dereito, é unha ética para a vida. En febreiro do ano 2007 a LVC realizou na aldea de Sélingué (Mali) o I Foro Mundial pola Soberanía Alimentaria Nyéléni 2007.

[2]La Vía Campesina Internacional (LVC) é un movemento social global no que participan aproximadamente 200 millóns de persoas, “agrupando ás organizacións labregas máis combativas nos seus países, que aglutinan a pequenos/as e medianos/as produtores/as, mulleres e mocidade rural, comunidades indíxenas, traballadores e traballadoras agrícolas migrantes e labregos/as sen terra. Procuran dende a unidade do campesiñado a caída do sistema neoliberal e a construción dun modelo de sociedade xusto e solidario”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies