AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra pide que o Estado derrogue o Decreto 8/2017 da estiba por vulnerar os intereses xerais e o mandato da OIT

27 Maio, 2017 Decreto 8/2017, dereitos laborais, estiba, estibadores, GUE/NGL, Lidia Senra, OIT, precarización
  • Prepara un escrito dirixido á CE no que sinala que os convenios da Organización Internacional do Traballo están por riba do Dereito da UE 
  • A eurodeputada advirte de que detrás da eliminación dos rexistros de estibadores está a intención das multinacionais de controlar os portos

 Traballo de estibadores no porto de Marin

Santiago, 27 de maio de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este venres que o Estado español derrogue o Real Decreto 8/2017 aprobado este mes e polo que se modifica o réxime dos traballadores/as para a prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías. Senra considera que esta lei debe ser derrogada “posto que o Estado español, neste caso, non defende os intereses xerais forzado pola Comisión Europea (CE), como argumenta, senón que defende unha posición de prexudica tanto ás traballadoras e traballadores da estiba portuaria como ás empresas estibadoras e consignatarias xa establecidas nos portos do Estado Español, algunhas delas desde hai moito lustros”.

A europarlamentaria chamou a seguir os tratados da Organización Internacional do Traballo (OIT) e advertiu de que a solución está nas mans do Estado, denunciando que detrás de toda esta manobra “está a intención de multinacionais americanas, rusas e chinesas de facerse cos portos do Estado español, o que non só desmontaría o réxime laboral dos estibadores e estibadoras, senón tamén o empresarial das consignatarias actuais, que desaparecerían”. “O Goberno ten unha difícil papeleta co Real Decreto-Lei 8/20217 xa validado para axeitarse ao dereito europeo”, advirte Lídia Senra, xa que “se pretende eliminar o rexistro de estibadores, é posible que estea a incumprir o mandato da OIT”.

Lídia Senra denuncia que o 8/2017 “ máis que ser un decreto de ordenación do sector no Estado español da actividade da estiba, é en realidade un plan de baixas incentivadas e prexubilacións, algo que popularmente se coñece como un ERE, é dicir un plan que ademais de reducir emprego, precariza, xa que na práctica vai facilitar substituír traballadoras e traballadores contratados na actualidade con dereitos por traballadores e traballadoras en precario. O que fixo o Goberno con este Decreto é dotar de orzamento prexubilacións e baixas incentivadas, é dicir, unha reconversión portuaria co obxectivo de reducir o cadro de persoal e privatizar máis aínda a xestión”, considera.

A eurodeputada explica que a Comisión Europea, desde o 27 de xullo do 2016, xa declarou directamente incompatibles os rexistros de estibadores. Sen embargo, a OIT recoñece o rexistro nos artigos 2 a 4 do Convenio 137 sobre o traballo portuario, ratificado polo Estado español, que entrou en vigor o 22 de abril de 1975. O artigo 2.1 afirma que “a política nacional deberá estimular a todas as partes interesadas a que, na medida do posible, se asegure o emprego permanente ou regular dos traballadores/as portuarios”. O artigo 3.1 determina que “deberán establecerse e levarse rexistros para todas as categorías de traballadores/as portuarios, na forma que determinen a lexislación ou práctica nacionais”. E o artigo 3.2 engade que “os traballadores/as portuarios rexistrados deberán ter a prioridade para o traballo portuario”. Así mesmo, o artigo 4.2 sinala que “cando sexa inevitable reducir o continxente total de traballadores/as rexistrados, deberanse adoptar as medidas necesarias para impedir ou atenuar os efectos prexudiciais de tal redución sobre os traballadores/as portuarios”.

Así pois, argumenta Lídia Senra, o convenio da OIT contempla o rexistro de estibadores como garantía de estabilidade no emprego, a prioridade dos estibadores rexistrados para a contratación, e que calquera redución do mesmo debe compensarse”.  Senra defende que se ben se pode establecer a dúbida sobre a primacía do Dereito da Unión sobre o estatal, o Dereito da Unión nunca pode estar por riba do Dereito Internacional Público como son os tratados con la OIT.

En base a isto, a europarlamentaria rexistará nos próximos días en Bruxelas un escrito dirixido á Comisión Europea no que lle formulará ao ente comunitario varias preguntas, co fin de clarificar a situación. “Ao obrigar a CE ao Goberno do Estado español a suprimir os rexistros de estibadores está obrigando a incumprir tratados internacionais ao Estado, de forma que é vontade da Comisión favorecer os intereses das multinacionais da estiba e consignatarias, todo iso en detrimento da calidade do emprego e dos dereitos dos traballadores e traballdoras do sector no Estado español?”, preguntaralle.

“¿Se a lexislación laboral dos Estados non está regulada pola UE, por que se ameaza con multas ao Estado español e se lle obriga a tomar medidas que van en detrimento de cidadáns e cidadás españolas en beneficio de empresas que non están establecidas nos portos do Estado Español e ínstando a vulnerar convenios da OIT?”, pregúntase Lídia Senra.

A eurodeputada entende que “o principio de mercado único nin pode nin debe vulnerar o benestar das persoas e os dereitos laborais e que os empregadores deben respectar as lexislacións e non poden impoñer as súas condicións tendentes a precarizar o emprego e empobrecer ás clases traballadoras”. Por iso, chama a derrogar canto antes o Real Decreto.

Con esta nova iniciativa, Lídia Senra dá un paso máis, despois de que a Comisión Europea contestara a unha pregunta anterior sobre o conflito da estiba, referida ao fallido Real Decreto 4/2017, botando balóns fora.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies