AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019 26 de maio, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, peche de campaña, Vigo

Vista xeral_2592x1460

  • “É clave que se instaure unha renda básica universal a nivel europeo para combater a pobreza”, afirma en Vigo, durante o acto de peche da campaña electoral europea“
  • A UE ten que construír a paz e blindar uns servizos públicos básicos que garantan a vida digna das persoas, non investir na industria armamentística e no exército”, concluiu coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme
  • lidia de cerca_2592x1460
  • Vigo, 24 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, pechou este venres pola noite a campaña electoral das europeas en Vigo, nun acto arroupada polo economista Xabier Pérez Davila e a concelleira de Vigo Marga López Barreiro, no que tamén interviron os membros da súa lista electoral europea Xoán Hermida e Sandra Pesqueira.

 

No acto que tivo lugar ás oito da noite na Oficina Municipal de Distritos Casco Vello, Senra pediu o voto para seguir defendendo outros cinco anos nas institucións europeas os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade. Tamén situou como priridade para o mandato que ven loitar para que os prezos agrícolas remuneren o traballo labrego, dar a batalla por unhas pensións públicas e dignas e facer todo o posible para conseguir que se implante unha renda básica universal a nivel europeo que garanta que ningunha persoa viva na pobreza. “É hora de repartir a riqueza, de que as grandes empresas paguen os impostos que deben”, dixo.

 

Coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme, que se celebra todos os 24 de maio, Lídia Senra puxo a énfase en que a UE ten que estar para construír a paz. Por iso, ve inadmisible que nos orzamentos europeos se priorice o gasto armamentístico e a construción dun exército europeo, fronte a medidas para blindar uns servizos públicos básicos que garantan unha vida digna para todas as persoas.

 

Continuar coa defensa da pesca artesanal e para que se aplique a resolución que se aprobou no Parlamento Europeo neste mandato, a iniciativa dela, que inclúe que a pesca artesanal accidental debe quedar fóra de TACs e cotas, será outro dos puntos fortes do seu traballo nos próximos 5 anos, así como pelexar para que se retire a proposta de regulamento de control da pesca.

 

Unha reforma da PAC centrada na transición cara ao modelo agroecolóxico, en colocar os prezos no centro do debate das políticas agrarias e na redistribución das axudas será tamén cabalo de batalla. Así, propón unha axuda á renda de 8.500 euros por persoa activa en calquera sector de produción; e outra axuda en base á produción, para poder manter un rural vivo.

 

Avalada polo traballo destes 5 anos, nos que levou a máis 500 persoas de colectivos organizados na Galiza para que defenderan directamente no Parlamento Europeo as loitas que están desenvolvendo aquí; máis de 300 preguntas escritas á Comisión Europea e ao Consello Europeo; e máis de 1.000 intervencións no pleno da Eurocámara, Senra agarda poder seguir mantendo a partir das eleccións europeas deste domingo, #AnosaVozEnEuropa. Neste sentido, avisa a toda a poboación de que as papeletas da súa candidatura non foron enviadas por correo postal ás casas e fai un chamamento a que todas as persoas collan o domingo nos colexios electorais galegos a papeleta das eleccións europeas de En Marea:Compromiso Por Europa (CPE), na que ela figura como número 1 da lista, e a depositen nas urnas.Lidia de lado_2592x1460 lidia de lado II_2592x1460 lidia de cerca II_2592x1460 lidia cos 4_2592x1460 lidia cos 4 II_2592x1460 de 3_2592x1460

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Lidia Senra e Luis Villares en rolda de prensa hoxe

Lídia Senra acaba a campaña chamando a coller o sobre de votación de En Marea nos colexios electorais o domingo porque a papeleta non foi por correo ás casas

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies