AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra pide firmeza na Eurocámara fronte ás mineiras que poñen en perigo a saúde das persoas

24 Xaneiro, 2017 Comisión de Peticións, Corcoesto, Edgewater, GUE/NGL, Lidia Senra, minaría, ouro, Parlamento Europeo, Petón do Lobo
  • A eurodeputada galega amosou o seu apoio na loita contra o proxecto de extración de ouro da multinacional Edgewater en Corcoesto 
  • Senra lembrou que o CETA incorpora mecanismos de resolución de conflitos que lle darán máis dereitos ás empresas fronte aos gobernos 

As-7-Julias-Proxecto-Mineiro-Corcoesto

Bruxelas, 24 de xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), pide unha “acción contundente” do Parlamento Europeo para rexeitar que os dereitos das empresas mineiras estean por riba da protección da saúde das persoas, da vida do pobo galego e da preservación do medio ambiente“. Fíxoo este martes con ocasión da comparecencia da asociación Petón do Lobo ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que analizou novamente o expediente aberto contra o proxecto da empresa canadense Edgewater na Costa da Morte. Senra recalcou “os riscos medioambientais e sobre a saúde que implica o uso de cianuro e o arsénico na explotación do metal, ademais das consecuencias desta actividade sobre zonas agrarias e con vivendas”.

Malia que a Xunta paralizou o proxecto en marzo de 2014 e confirmou o vencemento dos principais dereitos mineiros da empresa canadiana en Corcoesto, a deputada nacionalista recordou que a loita contra Edgewater non está acabada e que hai outros proxectos de investigación mineira solicitados para a concesión denominada Julia que abrangue varios municipios da Costa da Morte. “Pedimos que os novos permisos de investigación non se concedan e que se paralicen todos os proxectos mineiros en curso na Galiza, porque seguen afectando á vida das persoas, ás augas, fincas e vivendas, así como a destrución de postos de traballo que estes proxectos implican”.

“Ademais, hai que ter en conta os problemas que ocasionarían os mecanismos de resolución de conflitos sobre investimentos previstos no CETA, o acordo comercial entre a UE e Canadá”, argumenta a eurodeputada nacionalista. No caso de Corcoesto, Senra considera  que  ” o feito de que Edgewater estea reclamando o investimento e o lucro cesante ocasionado logo do rexeitamento definitivo do proxecto mineiro é especialmente preocupante de cara ao futuro, porque o mecanismo incluído no CETA atribuirá ás multinacionais o dereito de esixir aos gobernos compensacións económicas cando estes tomen decisións que afecten aos seus negocios“.  “Este acordo daríalle todos os dereitos a empresas como Edgewater ou calquera outra empresa mineira con sede ou filiais en Canadá”, recalcou Senra, que durante estes anos de loita da veciñanza da Costa da Morte contra o proxecto mineiro se dirixiu en diversas ocasións á Comisión Europea para esixir a súa paralización e a protección do medio ambiente e da saúde das persoas. “Non entendemos que o pobo galego se vexa obrigado a indemnizar a unha empresa por querer protexer a terra, o medioambiental e a saúde”.

“Entendemos que a loita do pobo galego foi decisiva para paraliza o proxecto aurífero en Corcoesto, que ademais afectaría gravemente á economía porque implica a ocupación de terras agrarias e forestais. O uso de cianuro no proceso de extracción suporía ademais un serio perigo para a saúde, a calidade das augas e a vida acuática”, enumerou a eurodeputada galega.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies