AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra participa nunha delegación de eurodeputadas/os que seguirán en Madrid o xuízo aos presos políticos cataláns

25 Febreiro, 2019

 

  • Unha delegación de eurodeputadas/os da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya do PE desprazarase este mércores e xoves ao Estado español
  • Manterán xuntanzas con familiares e avogados dos presos políticos cataláns e con ONGs que participan como observadoras internacionais

 

Bruxelas, 25 de Febreiro de 2019. A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra viaxará este mércores 27 a Madrid para participar no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo dende o pasado 12 de febreiro.

Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os integrantes da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya do Parlamento Europeo. Senra, integrante desta iniciativa dende a súa fundación, estará acompañada nesta delegación, entre outras persoas,  polo eurodeputado francés José Bové (Partido Verde Europeo), a tamén francesa Marie-Pierre Vieu (Front de Gauche; GUE/NGL), o  flamenco Mark Demesmaeker (Nova Alianza Flamenca; Grupo Europeo dos Conservadores e Reformistas, ECR) o estonio Indrek Tarand (Partido Verde Europeo), os cataláns de ERC, peretencentes ao partido europeo dos Verdes/Alianza Libre Europea Jordi Solé e Josep-Maria Terricabras; o tamén catalán Ramon Tremosa (PDeCAT; Alianza de Liberais e  Demócratas por Europa, ALDE) e deputados dos parlamentos danés e flamenco.

O propio mércores participarán nunha cea con familiares e avogados dos presos catalás, onde poderán obter impresións e análises ao respecto da evolución do proceso xudicial. A mañá do xoves estará ocupada dende as 08.00 até as 10.00 con un almorzo de traballo conxunto con deputadas/os de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT)

O seguimento do xuízo realizarase dende o Centro Cultural Blanquerna de Madrid, dende as 10.30 até as 12.00h. A delegación da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya desprazarase seguidamente ao Tribunal Supremo, onde terá lugar ás 12.30hrs. unha comparecencia de prensa conxunta. A axenda de traballo da tarde completarase con unha reunión na que participarán distintas organizacións non gobernamentais que están a participar como observadoras internacionais.

Lídia Senra valorou moi positivamente “a posibilidade de achegar o noso apoio ao entorno destas persoas que levan, como no caso dos Jordis, xa máis dun ano en prisión, e sen xuízo, unha situación que vulnera por completo a súa presunción de inocencia, unha exaxeración utilizada polo Estado español para amedrentar e criminalizar. Temos que lembrar unha vez máis que a aspiración dos pobos á súa autodeterminación non só é totalmente lexítima, senón que é recoñecida como un dereito humano fundamental no dereito internacional e específicamente protexido en documentos como a Carta fundacional das Nacións Unidas, baseada no respecto aos principios de igualdade de dereitos e de libre determinación dos pobos.”

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies