AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra participa esta semana nunha delegación da Comisión de Agricultura a Brasilia e Cuiabá

3 Abril, 2018 agricultura, alimentación, Brasilia, Cuiabá, GUE/NGL, Lidia Senra, mercosur, UE, vacún
  • Once eurodeputadas/os terán encontros institucionais e coñecerán modelos produtivos e sistemas de trazabilidade da carne de vacún 
  • Senra, moi crítica cas negociacións UE-MERCOSUR e co proceso de industrialización alimentaria, alerta das consecuencias para Galiza

embarcando a BrasiliaBruxelas, 3 de Abril de 2018. Durante esta semana a eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, está participando nunha delegación da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo a Brasil. Senra, que ademais é a coordenadora para o GUE/NGL nesta Comisión e responsábel a nivel do Parlamento Europeo da transversalización da perspectiva de xénero na mesma, forma parte dun grupo de once eurodeputadas de distintos grupos políticos que manterán reunións convarios estamentos políticos. O Parlamento Europeo procura con esta visita levar a cabo unha recopilación e análise de información sobre a produción, comercio e exportacións de gando e carne de vacún, así como sobre os controis e rastreabilidade que están a ser aplicados no país.

A través da súa participacións nesta delegación europarlamentaria, enmarcada no proceso de negociación que a UE está levando adiante cos países do MERCOSUR (Brasil, Argentina, UruguayeParaguay), a eurodeputada galega porá sobre a mesa unha análise crítica co pulo á desregularización que pretende este acordo comercial[1].

“Logo de tantos anos de aplicación de políticas neoliberais, que basicamente o que buscan é precisamente desmontar as estruturas de control político democrático sobre a produción e o comercio mundial, fica claro que para as clases populares e traballadoras as consecuencias son a destrución do emprego, a redución dos salarios, impactos negativos nos sistemas públicos de educación e saúde e un longo etcétera de perda de dereitos”, advertiu.“Se o que queremos é o benestar social e non os beneficios duns poucos, tanto na UE como nos países do MERCOSUR, cómpre avogar por políticas agroalimentarias orientadas cara a soberanía alimentaria dos pobos e baseadas no modelo de produción agroecolóxico, arroupadas por políticas sociais que blinden os servizos públicos de ámbolos dous lados do Atlántico”. 

En consonancia coa preocupación expresada pola UE en relación á falta de transparencia nos protocolos de acreditación vinculados á exportación de carne brasileira –no ano 2017 a UE suspendeu as importacións logo de detectar “fallos sistémicos” nos controis de calidade de distintos tipos de produtos cárnicos-, a delegación de eurodiputadas/os prestará especial atención a aspectos vinculados ao ámbito sanitario, tales como os procedementos de trazabilidade do gando, os sistemas de autocontrol e auditoría, ou a propia fiabilidade das inspeccións realizadas polas autoridades nacionais.

O primeiro destino é Brasilia, onde hoxe martes 3 ten lugar un intercambio de impresións co Ministro de Agricultura, Gandaría e Subministro de Alimentos, H.E. Blairo Borges Maggi; o Presidente da Confederação Nacional da Agricultura (CNA), João Martins da Silva Júnior e o Presidente da Empresa Brasileira de Pesquisa Agropecuária (EMBRAPA), Maurício Lopes. Durante este encontro representantes da Secretaría de Mobilidade Social e Cooperativismo presentarán aspectos do plan de implementación do Código Forestal Brasileiro, criticado dende ámbitos académicos e sociais por considerar que pon inda máis en risco a conservación da Amazonía brasileira.

A continuación haberá un almorzo de traballo, no que ademais do Presidente da CNA estará presente tamén o Director do Departamento de Promoção Internacional do Agronegócio, Evaldo da Silva Junior; o Secretario de Relações Internacionais do Agronegócio (SRI) do Ministério da Agricultura, Pecuária e Abastecimento (MAPA), Odilson Silva, e o Director do Departamento de Promoção Internacional do Agronegócio, Evaldo da Silva Junior.

Durante a tarde a delegación de eurodeputadas/os visitará o Senado Federal, onde se reunirán co senador Romero Jucá, pechando a rolda de xuntanzas en Brasilia cun intercambio de impresións co Departamento de Inspeção de Produtos de Origem Animal (Dipoa), que fará unha presentación do sistema gubernamental de control e inspección de carne bovina destinadas á exportación á UE.

Precisamente é o capítulo agroalimentario nas negociacións UE-MERCOSUR o que está evidenciando máis discrepancias entre as partes negociadoras. A día de hoxe, o 19,8% das importacións agrícolas da UE proveñen xa do MERCOSUR. Dentro deste ámbito, concretamente a posibilidade dun incremento de exportacións gandeiras á UEé un aspecto que preocupa especialmente á eurodeputada galega. “Ao estar negociando con Brasil e Arxentina sabemos que un dos puntos máis sensíbeis é precisamente a entrada na UE de grandes cantidades de carne de vacún, algo que afectará directamente á Galiza”, advirte. “As áreas de montaña no noso país dependen do vacún de carne e esta situación súmase á que provocará o aumento das importacións de carne procedentes do Canadá ao abeiro do CETA”.

A axenda de traballo en Cuiabá, no Estado de Mato Grosso, comenzará mañá mércores 4 e estará caracterizada polo traslado da delegación europarlamentaria a ver in situ o proceso de tecnoloxización que acompaña a agroindustrialización do xigante brasileiro. A primeira hora da mañá visitarán as instralacións da Fazenda Nova Chapada, rexistrada no Sistema Brasileiro de Identificação e Certificação de Bovinos e Bubalino (SISBOV). Logo do xantar coñecerán a Fazenda Fartura, tamen rexistrada no SISBOV e especializada na cría de distintas razas bovinas en sistemas de confinamento e semiconfinamento.

Durante toda a xornada do xoves día 5 sucederanse as reunións institucionais, desta volta co Gobernador do Estado Federal de Mato Grosso, Pedro Taques; o Secretario de Agricultura Familiar e AssuntosFundiários (SEAF-MT), Suelme Evangelista Fernandes; o Presidente da Federação da Agricultura e Pecuária do Estado de Mato Grosso (FAMATO), Normando Corral; o Presidente do Instituto de Defesa Agropecuária do Estado de Mato Grosso, Guilherme Linares Nolasco, e o Superintendente Federal de Agricultura no Estado de Mato Grosso, José de Assis Guaresqui.

Seguidamente as once deputadas/os europeas/os coñecerán as instalacións dun dos matadoiros de Minerva Foods S.A., especializada en venda de carne procesada, e logo do xantar visitarán unha terceira explotación integrada no sistema SISBOV, a Fazenda Serra Azur.

Pecharán a xornada con últimas entrevistas con representantes da FAMATO.

[1]Pódese acceder a unha cronoloxía do proceso negociador UE-MERCOSUR, así como a documentación asociada, a través do  sistema de información sobre comercio exterior da Organización de los Estados Americanos: http://www.sice.oas.org/TPD/MER_EU/MER_EU_s.asp

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies