AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra participa en Bucarest na Asamblea Paritaria ACP-UE como representante do GUE/NGL

18 Marzo, 2019

 

  • A sesión plenaria da Asamblea Paritaria entre a Unión Europea e os países de África, Caribe e Pacífico ten lugar do 18 a 20 de marzo en Rumanía
  • Senra representa ao GUE/NGL e alerta da importancia de frear as políticas que afondan nas relacións neocoloniais e no eurocentrismo

Bruxelas, 18 de Marzo de 2019. En representación do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), a eurodeputada galega Lídia Senra está a participar en Bucarest na 37° sesión da Asamblea Paritaria da Unión Europea e os países de África, Caribe e Pacífico [ORDE DO DÍA], denominada Asamblea Paritaria UE-ACP, que está a ter lugar en Bucarest dende este luns até o vindeiro mércores 20.

Senra_ACP-UE 180319-2

A xornada de hoxe comezou ca negociación a primeira hora dunha  resolución sobre a urxencia dos retos e desafíos relativos ao Estado de dereito en Europa e nos países ACP, á que Senra finalmente non deu o apoio do GUE/NGL, “non foron incorporar na mesma propostas para nós imprescindíbeis, como aquelas que facían referencia aos dereitos económicos ou á violación dos dereitos humanos das persoas migrantes”, explica a eurodeputada dende Rumanía, “e tamén é significativo que non se teña aceptado incluír unha condena expresa ás intervencións violentas e desproporcionadas da policía nas manifestacións”.

AperturaSesiónPlenariaACP-UE180319
Inauguraciónda 37 Sesión Plenaria UE-ACP

Dende as 11.00 até as 13.00h. tivo lugar a apertura da sesión plenaria. A axenda de traballo continuará durante a tarde con unha intervención do Comisario de Cooperación Internacional e Desenvolvemento, Neven Mimica, ao respecto da actual situación das negociacións post-Cotonou e o balance realizado pola Comisión Europea.

Os debates xirarán arredor dos posíbeis impactos do Brexit no acordo de asociación  UE-ACP, a incompatibilidade do actual modelo económico co quecemento global, o papel das fontes de enerxía renovábeis nun posíbel desenvolvemento sostíbel dos países ACP, a redución do número global de cativas/os sen escolarizar ou a posibilidade de implementación dun Pacto Mundial sobre Migración. Debaterase tamén unha resolución de urxencia sobre crímenes medioambientais.

“Xeralmente a participación do noso grupo, o GUENGL, na Asamblea Paritaria UE-ACP marca un punto de vista europeo distinto nos debates. Temos claro o pasado colonial, pero sobre todo o presente neocolonial, fortemente intensificado co desenvolvemento de toda a arquitectura de acordos de desregulación comercial da que se serve o neoliberalismo.  Tamén temos tomado conciencia da importancia de revisar ben as nosas análises para non caer no eurocentrismo e, por suposto, non perdemos de vista que o auxe da extrema dereita en Europa vai ter unha influencia negativa nas relacións cos países ACP”.Senra_ACP-UE 180319

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies