AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra organiza este sábado en Monforte unha xornada de debate sobre a xestión dos lumes forestais

5 Xuño, 2018 forestal, GUE/NGL, incendios, Lidia Senra, lumes, Monforte
  • Terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, con diferentes coloquios entre as 10 e as 14:00 na sesión da mañá e as 16:00 e as 18:30 horas na tarde 
  • A eurodeputada anima a asistir ao evento, para o que non é necesaria inscrición, onde se falará de cortaincendios verdes e opcións de prevención

Cartel-Xornada-en-Monforte-sobre-Incendios-Forestais-768x375

Santiago, 5 de xuño de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra organiza este próximo sábado, 9 de xuño, na Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte de Lemos, unha xornada para intercambiar información e debater sobre os incendios forestais, as súas causas, a xestión que realizan as Administracións e posibles opcións de prevención para intentar deter esta lacra que ano tras ano arrasa Galiza. Baixo o título ‘Os incendios forestais na UE: Alternativas de protección’, a xornada, que está aberta a todas as persoas que desexen asistir de público, sen necesidade de inscrición previa, estruturarase en diferentes coloquios, entre as 10:00 e as 14:00 horas nas sesións da mañá e entre as 16:00 e as 18:30 horas pola tarde.

Senra anima a toda a xente de Monforte e arredores e de calquera parte da Galiza preocupada con como atallar o problema dos incendios forestais a asistir á xornada completa ou a aquelas mesas de debate que considere. O evento pretende propoñer alternativas aos cortalumes de terra espida que desertizan e desecan a terra, contaminan as augas e erosionan o monte e afondar sobre como se pode realizar o mantemento e coidado das pistas forestais para evitar os lumes sen que se produzan danos na paisaxe e na terra. O evento ten o obxectivo tamén de coñecer as actuación que leva a cabo a Xunta de Galiza antes, durante e despois dos lumes, tendo aínda moi presentes os incendios do 2017 no Concello de Monforte. Abordar as melloras que se poderían facer na extinción dos incendios e analizar as posibilidades de valoración do monte serán outros dos puntos a tratar na xornada.

Así, tras a apertura por parte da propia Lídia Senra, ás 10:30 horas terá lugar unha mesa sobre ‘Cortalumes verdes e outras alternativas aos cortalumes de terra espida’, na que intervirán Antonio Rodríguez García, gandeiro de cabrún de leite e membro da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), que falará sobre a Rede de áreas pasto e cortalumes en Andalucía; Felipe Castro López, axente medioambiental da Xunta; e Claudio Quintillán Vallejo, técnico de explotacións forestais e membro da Asociación Galega de Comunidades de Montes. Maribel García Díaz, concelleira de Monforte de Lemos por Esperta Monforte será a encargada de introducir e moderar esta mesa.

Ás 12:15 horas, comezará o coloquio sobre ‘Avaliación das actuacións da Xunta antes, durante e despois dos lumes’, con Lídia Senra introducindo e con Luísa Pallares González, presidenta da Asociación de Veciños e Veciñas de Chavaga; María Teresa Rodríguez Rodríguez, da mesma Asociación; Orlando Gregorio Álvarez Álvarez, biológo e castañicultor no Courel; e Diego Sánchez Agra, enxeñeiro forestal e membro da Asociación Forestal Frouma.

E xa nas sesións da tarde, ás 16:00 horas será a quenda do coloquio sobre ‘Aprender dos erros. O sistema de emerxencias e extinción dos lumes forestais’, no que participarán como ponentes Benxamín Balboa Cereijo, bombeiro forestal; Davide Rodríguez Estévez, tamén bombeiro forestal e deputado de En Marea no Parlamento Galego; e Manuel Martínez Méndez, bombeiro e representantes sindical da CIG en Ourense, membro da Plataforma Asociativa de Sindicatos de Bombeiros Forestais. Vanesa Garrido Blanco, membro de C@urel Vivo, introducirá e moderará esta parte.

A última das mesas terá lugar ás 17:00 horas, titulada ‘Fronte ao abandono da terra, a valoración do monte’, con Víctor Álvarez Arias, técnico da Consellería do Medio Rural e concelleiro en Lugo por LugoNovo; Félix Domínguez Cortiñas, alcalde de Manzaneda; e Paula Verao, deputada de En Marea no Parlamento Galego, que fará de moderadora.

Con esta xornada, Lídia Senra continúa o debate que xa impulsou en outubro do 2016, cando a eurodeputada organizou un evento similar na cidade de Ourense para analizar, naquel caso, o negocio do lume[1].

Diptico-Xornada-en-Monforte-sobre-Incendios-Forestais_1790x1276-768x547

[1] Información e vídeos resumo da xornada ‘Os incendios forestais na UE: O negocio do lume’, que se celebrou en Ourense en outubro do 2016, aquí:

https://ageuropa.gal/ourense-acolle-este-sabado-unha-xornada-critica-internacional-sobre-os-incendios-forestais/

https://ageuropa.gal/lidia-senra-esixe-maior-esforzo-publico-en-determinar-as-causas-que-hai-detras-dos-incendios-forestais/

https://ageuropa.gal/agee-xunto-a-experts-forestais-e-bombeirs-esixe-unha-politica-consensuada-de-pais-fronte-ao-lume/

https://www.youtube.com/watch?v=PbLOP2XK6cY

https://www.youtube.com/watch?v=6K_TDHmdd-k

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies