AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra no pleno do Parlamento Europeo, sobre o balance de 60 anos da UE: “Non hai nada que celebrar”

15 Marzo, 2017 60 aniversario da UE, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pleno, Tratados de Roma, UE
  • Chama a colocar os cimentos dunha nova Europa dos pobos e a pór fin ás “nefastas políticas actuais” se se quere que a cidadanía confíe na UE 
  • Critica que as institucións comunitarias non fagan nada para evitar que medre o desemprego, o retroceso de dereitos e a chantaxe do euro

 

Estrasburgo, 15 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), asegurou este mércores pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, que “desafortunadamente, non hai nada que celebrar” con motivo do 60 aniversario dos Tratados de Roma, que supuxeron o camiño cara á integración europea e a constitución da CEE. Senra tomou a palabra no debate sobre os sesenta anos da sinatura dos Tratados de Roma e atacou o feito de que as institucións comunitarias leven todos estes anos “consolidando as políticas neoliberais e de austeridade que provocan desemprego, retroceso de dereitos e chantaxe aos pobos”.

A deputada galega acusou aos poderes da UE de “poñer en marcha políticas neoliberais que atacan os dereitos da inmensa maioría das europeas e dos europeos”. Por iso, neste sesenta aniversario, dixo, “temos que falar de persoas que perden o seu emprego cada día; de mozas e mozos sen traballo e con menos dereitos que a nosa xeración; falamos de traballadoras e traballadores pobres; falamos de precariedade; e de miles e miles de persoas que perderon a súa vivenda”. “Falamos de labregas e labregos que cada vez reciben menos prezo polo seu produto, que se ven obrigadas a pechar as súas granxas; de pequenas e medianas empresas cada vez con máis dificultades ou dos ataques á pesca artesanal e de baixura”, engadiu.

Senra tamén criticou que a débeda pública se convertera “nun gran negocio” e que o euro actúe como “unha chantaxe para os pobos”. “Pobreza, exclusión social, políticas de austeridade, recortes que atacan dereitos conquistados coas loitas de moitos anos da clase traballadora, como son as pensións públicas, a sanidade ou a ensinanza. Ese é o balance deste aniversario europeo”, afirmou.

Para a europarlamentaria, nestes anos asístese a un “retroceso nos dereitos das mulleres e iso é vulneración dos dereitos humanos na UE”, advertiu. Ademais, considera que non se ten feito “ningún avance para respectar o dereito a decidir dos pobos e das nacións sen Estado”.

“Deixen de autoalabarse e asuman que as causas desta situación son as políticas que vostedes aplican”, dixo. Así, chamou a converter este 60 aniversario “nunha ocasión para poñer os cimentos doutra Europea: A dos pobos, a do dereito a decidir, a Europa que poña aos seres humanos no centro das políticas”.

“Mentres as pequenas e medianas explotacións agrarias sigan desaparecendo; mentres a pesca artesanal e de baixura siga sendo atacada; mentres miles de persoas continúen perdendo os seus traballos; mentres miles e miles de mozos e mozas non atopen emprego e as persoas que o atopan teñan menos dereitos que a nosa xeración; mentres siga habendo traballadores e traballadoras pobres; mentres sigan retrocedendo os nosos dereitos conquistados ao longo de moitos anos de loita; mentres non se sexa capaz de atacar con contundencia o terrorismo machista; mentres a débeda pública siga sendo un negocio ou o euro unha chantaxe aos pobos; mentres as políticas de austeridade sigan atacando as nosas pensións públicas, a nosa ensinanza e a nosa sanidade; mentres aconteza todo isto, non hai nada que celebrar. Cambien as políticas europeas se realmente queren que a cidadanía confíe en Europa”, zanxou.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies