AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra levará ante a Comisión Europea a problemática que están a padecer os traballadores/as do 112

24 Maio, 2017 061, 112, emerxencias, folga, galiza, GUE/NGL, Lidia Senra
  • A eurodeputada recibiu na súa oficina en Santiago a representantes do Comité de Folga do Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 
  • Chama a activar mecanismos para que este servizo, cuxas instalacións se trasladaron de Santiago á Estrada, funcione de forma óptima

Lidia Senra reunida con representantes do comite de folga do 112 

Santiago, 24 de maio de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reuniuse este mércores pola tarde na súa oficina en Santiago de Compostela con representantes do Comité de Folga do  Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 112, que levan un mes e unha semana secundando un paro indefinido en protesta polas consecuencias do traslado da súa sede, da capital galega á Estrada, efectuado a mediados de abril. A europarlamentaria comprometeuse a presentar ante a Comisión Europea iniciativas de denuncia da situación laboral do persoal e das deficiencias que padece o Servizo de Atención a Emerxencias galegas.

Durante a xuntanza, Carlos Barros e Isabel Moares, representantes do Comité de Folga do 112 acusaron á Xunta de ser “temeraria e de estar arriscando vidas” coa decisión do traslado que foi feito “de forma precipitada e sen unha axeitada planificación” e coas deficiencias do novo programa informático de atención e xestión de emerxencias que se está a utilizar. “O programa púxose a funcionar colléndonos ás traballadoras e traballadores do 112 como “cobaias” e “é a sociedade, con emerxencias reais, quen está testeando o programa”, dixeron. “O propio persoal de Atos, a empresa que desenvolveu a nova aplicación informática que temos que usar, acabou por recoñecer a traballadores do 112 que era a primeira vez que lles encargaban un programa sen ter en conta ás persoas que o ían utilizar”, denuncian.

En consonancia co comunicado emitido precisamente este mércores pola Asemblea de Traballadores e Traballadoras do 112, na reunión abordouse a necesidade de exixir a asunción de responsabilidades políticas por parte dos dirixentes do Goberno galego que xestionaron o traslado do 112 á Estrada, tendo en conta que a xestión de emerxencias se fixo máis lento a partir do cambio e que se está a deteriorar a súa eficiencia. Tamén denunciaron que o persoal da Xunta está a levar a cabo persecución e acoso cara aos folguistas.

Neste sentido, Lídia Senra considera factible presentar nos próximos días en Bruxelas unha pregunta dirixida á Comisión Europea denunciando que se está a vulnerar o dereito á folga e os servizos mínimos e tamén denunciando o deterioro do sistema de atención a emerxencias que provocaron estas mudanzas. A eurodeputada ademais considerou fundamental reivindicar que a atención e xestión de emerxencias sexa un servizo público e non privatizado, como acontece actualmente, que está en mans da empresa TeleMark Spain. Senra insta á Xunta a aproveitar que esta concesión rematará o próximo ano para recuperar para o público este servizo.

O persoal denuncia que neste primeiro mes de emprego da nova aplicación informática aumentaron os tempos de xestión e estase a obrigar ao persoal, -o que antes non pasaba-, a manterse á espera mentres procesa os datos de maneira reiterada en cada unha das chamadas, en interminables tempos que forzan unha e outra vez a solicitar ‘un momento, por favor’ ás persoas alertantes, que se atopan en moitas ocasións en situacións límite”. Ademais, “o deseño do programa obriga o persoal a efectuar máis do dobre do número de clics para xestionar cada unha das emerxencias con respecto á anterior plataforma tecnolóxica. Non ofrece toda a información necesaria visible en pantalla como o facía a súa predecesora, nin recomenda os recursos precisos para cada unha das emerxencias, ralentizando aínda máis a xestión, dado que os recursos deben ser localizados manualmente nas bases de datos”, din.

O traslado está a supoñer ademais unha diminución dos ingresos dos traballadores e traballadoras dun 14%, ao que se suma ao feito de que levan 6 anos cos salarios conxelados.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies