AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra lamenta que dereita e socialistas impidan pedir a paralización da minaría nos fondos mariños

1 Xuño, 2017 auga, contaminación mariña, GUE/NGL, Lidia Senra, minaría, oceános, Parlamento Europeo, pesca, pleno, rías, saneamento
  • O voto en contra do PPE e a abstención dos socialistas impiden aprobar unha emenda sobre a fin das prospeccións de hidrocarburos no océano 
  • Senra recorda que a primeira vítima da contaminación mariña é o sector pesqueiro, polo que a prevención ten que ser prioritaria

 

Bruxelas, 1 de xuño  2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou este xoves á dereita e aos socialistas de impedir, cos seus votos no pleno do Parlamento Europeo que hoxe se celebrou en Bruxelas, que a Eurocámara se pronuncie para deter a minaría nos fondos mariños, as prospeccións de gas e petróleo e as actividades ligadas ao Crecemento Azul no contexto da meta 14 de Desenvolvemento Sostible da ONU para os océanos. A eurodeputada galega presentou cinco emendas a unha resolución do Parlamento Europeo de cara á Conferencia de Alto Nivel da ONU que se celebrará a vindeira semana en Nova Iorq, nas que se pedía a paralización da minaría nos fondos e a anulación da concesión mineira Solwara 1 en augas de Papúa Nova Guinea -a busca de hidrocarburos e as actividades ligadas ao chamado “Crecemento Azul”, que poden ir en detrimento das zonas de pesca. Os eurodeputados e eurodeputadas dos dous grandes partidos detiveron esta petición cos seus votos malia os impactos negativos que estas actividades ocasionarían no medio ambiente e no sector pesqueiro. Na votación da emenda na que se pedía deter estes proxectos, 335 eurodeputados/as da dereita votaron en contra, 119 a favor e 174 abstivéronse.

Lídia Senra interveu na sesión plenaria para esixir unha gobernanza internacional dos océanos que protexa o sector pesqueiro artesanal e a pequena escala da contaminación mariña e dos impactos que ocasiona a explotación dos océanos a mans de multinacionais que só buscan o lucro privado. “A prevención e a redución da contaminación mariña deben considerarse dun xeito moi serio, xa que os pescadores e pescadoras son as vítimas principais e non poden levar toda a responsabilidade na conservación dos recursos pesqueiros”, defendeu a eurodeputada no debate da resolución, destinada a fixar a postura do Parlamento Europeo respecto da implementación da meta 14 das Nacións Unidas para 2030 sobre Desenvolvemento Sostible.

A eurodeputada galega considera que a prevención e a redución da contaminación precisa de accións drásticas, que amosen un compromiso serio, e que deben pasar pola “necesidade de impedir calquera actividade que poña en perigo a pesca e o medio ambiente”. Senra referiuse expresamente á mina Solwara 1 en Papúa Nova Guinea, a primeira concesión de explotación mineira en fondos mariños, localizada nunha zona hábitat de corais e numerosos cetáceos e un exemplo evidente da colisión da minaría coa boa conservación dos recursos pesqueiros. “O Comisario de Pesca, Karmenu Vella, debe lograr que a UE faga bandeira desta cuestión. Os mariñeiros e mariñeiras son as vítimas principais deste tipo de actividades, por non falar do impacto xerado polo transporte marítimo ou a presión urbanística sobre os recursos pesqueiros e a supervivencia económica das comunidades costeiras”.

Polo tanto, toda decisión sobre o futuro dos subsidios da pesca deber ter en conta que a pesca artesanal e a pequena escala, de carácter local e a miúdo familiar, é fundamental para as comunidades costeiras e non debe sufrir as consecuencias da sobrepesca e malas prácticas da gran pesca industrial”, defendeu. Ademais, Senra chamou a atención tamén sobre “a necesidade do saneamento e rexeneración das rías e da paralización das obras que causan cambios de correntes e impactan no medio natural”.

A eurodeputada galega recorda que un estudo recente da comisión de Pesca do Parlamento Europeo acaba de poñer negro sobre branco o impacto negativo do Crecemento Azul na UE sobre as pesquerías a pequena escala e o sector artesanal, entre elas unha maior presión polo espazo nos océanos, cambios nas dinámicas costeiras, contaminación mariña e impacto sobre o fondo mariño.

A meta 14 da ONU sobre os océanos

A Axenda das Nacións Unidas para 2030 inclúe 17 metas para lograr o Desenvolvemento Sostible en todo o mundo. Desas metas, a número 14 refírese aos océanos, ameazados pola contaminación mariña pero tamén terrestre, fluvial e atmosférica.

A ONU celebrarán entre o 5 e o 9 de xuño unha Conferencia de Alto Nivel en Nova Iorq para analizar os avances conseguidos respecto desta meta 14, que afecta aos océanos e que inclúe obxectivos como o de reducir significativamente a contaminación mariña, abordar e minimizar o impacto da acidificación dos océanos, regulamentar eficazmente a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e as prácticas destrutivas ou prohibir, á altura de 2020, certas subvencións que contribúan á sobrepesca.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies