AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta ao Parlamento Europeo a investigar o proxecto de macrovertedoiro de Lousame

8 Outubro, 2016 AGEe, Lidia Senra, Lousame, residuos, vertedoiro
  •  Pídelle á CE que se poña en contacto coas autoridades nacionais para coñecer os motivos de promover este proxecto contrario a directivas
  •  A eurodeputada denuncia que o enterramento de residuos industriais afectaría a acuíferos que subministran auga para consumo humano 

 

20161008_123442_2656x1494

Lousame, 8 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reuniuse este sábado coa veciñanza e con membros da Plataforma contra o novo vertedoiro de residuos industriais en Lousame, na comarca do Barbanza, para escoitar de primeira man as súas reivindicacións, visitar os terreos afectados por este proxecto e amosar todo o seu apoio á loita que están levando a cabo. Neste sentido, Senra deixou rexistrada xa esta semana no Parlamento Europeo unha pregunta por escrito dirixida á Comisión na que denuncia que este proxecto incumpre diferentes directivas tanto internacionais como galegas e insta ás institucións da UE para que desde Bruxelas se investigue o tema e se lle chame a atención ás autoridades competentes.

A eurodeputada de AGEe recolle no seu escrito que, tendo en conta que o proxecto está destinado a acumular 770.000 toneladas de residuos industriais nun espazo de 1.100.000 metros cúbicos en dez anos e que as tres cuartas dos residuos tratados nas instalacións serían enterrados, o macrovertedoiro de Lousame vai contra os principios establecidos na Directiva 1999/31/CE, que recolle que os chamados vertidos controlados ou enterramentos de residuos é a forma menos sostible de eliminar residuos en relación co medio ambiente e debe reducirse ao mínimo.

Lídia Senra tamén incide no texto enviado á CE que o proxecto é contrario igualmente ao Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galiza (2016-2022), aínda en fase de tramitación, que se marca como obxectivo tender ao establecemento da economía circular , minimizar refugallos e aumentar a reciclabilidade dos residuos. Mais aínda, a membro de AGEe denuncia que o macrovertedoiro de Lousame afecta a acuíferos que subministran auga para o consumo humano e a un hábitat de interese comunitario prioritario do tipo 4020 (xa que na zona hai Brezales húmidos atlánticos de Erica ciliaris).

Ante tal situación e tendo en conta que o proceso de tramitación do proxecto xa vai avanzado, posto que o prazo para presentar alegacións remata o 15 de outubro, a eurodeputada insta á Comisión Europea para que requira das autoridades española e galega competentes na materia unha explicación ao respecto de cal é o motivo para que un proxecto contrario a directivas internacionais, e incluso á propia lexislación nacional, continúe a ser promovido.

Esta pregunta non é a primeira relativa á xestión de residuos na Galiza que Lídia Senra presenta en Europa. De feito, hai un mes aproximadamente, a eurodeputada de AGEe visitou a parroquia de Lesta, no concello de Ordes, onde tamén está proxectada a instalación dun macrovertedoiro de residuos industriais, que se situaría xusto á beira do macrovertedoiro de residuos sólidos urbanos que Sogama ten na Areosa, no concello limítrofe de Cerceda. Como resultado daquela reunión coa Asociación de Afectados/as, presentou dúas preguntas por escrito poñendo de relevo ante a CE o posible incumprimento por parte do Goberno galego da normativa comunitaria de xestión de augas para consumo humano e tamén o posible incumprimento por parte da Xunta de Galiza da normativa comunitaria de xestión de residuos. Polo momento, as preguntas aínda non foron contestadas.  Normalmente, a CE adoita tardar ao redor de dous meses en dar resposta aos textos presentados por escrito.

Para Lídia Senra, a solución ao problema dos residuos na Galiza ten que pasar por unha “solución efectiva baseada de verdade na prevención, reutilización e reciclaxe”. “Cómpre estudar modelos que están demostrando xa a súa viabilidade, como por exemplo o da cidade de Liubliana, que ten unha taxa de reciclaxe dez puntos por enriba do obxectivo da UE para o 2020 (50%)”, defendeu a eurodeputada. 

20161008_114854_2656x1494

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies