AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE a investigar a autorización da planta asfáltica de Xinzo

1 Setembro, 2017 asfalto, Asociación de Veciños de Muiño de Lama, CE, contaminación, GUE/NGL, Lidia Senra, Non á planta asfáltica, planta asfáltica, Xinzo da Limia
  • Considera que o proxecto, con graves problemas de contaminación, non podería pasar unha rigorosa avaliación de impacto ambiental 
  • A deputada galega reclámalle á CE que tome medidas para que as autoridades locais, galegas e estatais cumpran as directivas europeas 

Lidia Senra xunto a persoas afectadas pola planta asfaltica de Xinzo

Santiago, 1 de setembro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), insta á Comisión Europea a investigar o proceso de autorización dunha planta asfáltica que produciría mestura bituminosa en quente na Canteira de Bouzas, no lugar de Parada de Ribeira, que obtivo o visto e prace do Concello de Xinzo da Limia este pasado maio. Senra rexistrou esta semana unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea (CE) na que pon ao ente comunitario ao tanto da situación deste proxecto da entidade mercantil Obras, Pavimentos e Instalacións Industriais S.L, (OPAIN), que contempla unha produción de 260 toneladas/hora nunha zona próxima a áreas protexidas e de interese arqueolóxico, con serios riscos ademais de contaminación para a poboación próxima.

A europarlamentaria denuncia que dita instalación está a 1.500 metros da zona de especial protección para aves ZEPA da Limia, que hai restos arqueolóxicos castrexos catalogados a escasos metros e unha carballeira centenaria documentada. Ademais, máis de 10.000 persoas dos núcleos de poboación máis próximos veranse afectadas directamente pola contaminación que a planta pode ocasionar na saúde das persoas, na auga e no aire, polo que, ante tales circunstancias, parece lóxico que dito proxecto non podería pasar unha rigorosa avaliación de impacto ambiental previa para a súa autorización. A cuestión é especialmente preocupante tendo en conta que os fumes de asfalto están compostos por azufre, óxidos de nitróxeno, hidrocarburos aromáticos policíclicos, nafta, benceno, arsénico e metais pesados volatilizados.

Ante esta situación, Lídia Senra insta á CE a poñerse en contacto coas autoridades estatais, autonómicas e locais para tomar medidas que fagan cumprir a Directiva 2008/1/CE relativa á prevención e ao control integrados da contaminación. Senra tomou esta iniciativa despois de reunirse hai unhas semanas e visitar a zona cos membros da Asociación de Veciños de Muiño de Lama, que levan recollidas máis de 4.500 sinaturas contra este proxecto que ademais, podería provocar un aumento de temperatura na zona, co conseguinte aumento de riscos de incendio nunha provincia que a día de hoxe xa rexistra as temperaturas máis elevadas de toda Galiza. A CE deberá posicionarse sobre este tema nun prazo de entre 4 e 6 semanas.

Pintadas contra a planta asfaltica de Xinzo

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies