AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE para que investigue os vertidos ao río Támega derivados das obras do AVE en Laza

8 Agosto, 2018 alta velocidade, augas, AVE, Comisión Europea, contaminación, GUE/NGL, Lidia Senra, rio tamega, vertidos
  • Denuncia que a construción da Liña de Alta Velocidade Portocamba-Cerdedelo, financiada con Feder, está a deteriorar a calidade das augas 
  • A eurodeputada asistirá este xoves ás 19:30 hrs. en Cerdedelo á Marcha en defensa do río convocada por Adega e Salvemos o Támega

Pregunta-rio-tamega-ceSantiago, 8 de agosto de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de instar á Comisión Europea (CE) para que leve a cabo unha investigación e seguimento tanto dos fondos europeos que se están a empregar na construción da Liña de Alta Velocidade Portocamba-Cerdedelo (Ourense) como do cumprimento na contorna das obras da lexislación comunitaria sobre vertidos de residuos e lexislación sobre a calidade da auga e protección de espazos naturais. A europarlamentaria rexistrou un escrito en Bruxelas no que informa á CE de que as obras de construción do AVE que se están levando a cabo no concello de Laza cofinanciadas con fondos Feder están a afectar ao río Támega, que está cualificado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na Rede Natura 2000, e aos seus afluentes. 

Senra basea a súa denuncia ante a Comisión Europea nas analíticas realizadas, cuxos resultados amosan un grave deterioro da calidade ambiental da agua, xa que elementos como o arsénico e o plomo multiplican os niveis de contaminantes admitidos. “Estando  autorizadas verteduras tras o seu tratamento, as  análise e problemas detectados fan sospeitar que se verten sen tratamento”, asegura. Á espera tamén da resolución das denuncias presentadas por diferentes organismos na Confederación Hidrográfica do Douro e do Miño-Sil e das dilixencias abertas polo xulgado de primeira instancia e instrución número 2 de Verín para investigar a contaminación e das actuacións de oficio iniciadas polo Defensor do Pobo, Lídia Senra reclama que a CE actúe canto antes para facerlle fronte á gravidade destes feitos e realice un seguimento.

Marcha-Reivindicativa-Rio-Tamega-766x1024

A Comisión Europea deberá dar contestación á eurodeputada nas próximas semanas e Senra tamén ten previsto asistir este xoves, 9 de agosto, ás 19:30 horas, a Cerdedelo (Laza), para participar na Marcha Reivindicativa en defensa do Támega convocada por Adega-Monterrei e pola Asociación Salvemos o Támega, co apoio da CIG, BNG, En Marea e o Concello de Verín. “Da saúde das nosas augas depende a saúde das persoas. Por iso, evitar a súa contaminación debe estar por riba de todo”, defende a eurodeputada.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies