AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE a facer un seguimento dos FEDER que se investiron no parque aventura de Laza

4 Xullo, 2018 Feder, Fondos Europeos, GUE/NGL, Laza, Lidia Senra, Ourense, parque de aventura
  • A eurodeputada denuncia na Comisión que o parque, acollido ao Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia do 2011, está sen facer 
  • Reclama que se abra unha investigación desde o inicio para ditaminar a posible existencia dun uso fraudulento dos fondos europeos

Santiago, 4 de xullo de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra reclama que a Comisión Europea (CE) realice un seguimento dos fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) que se levan investidos no chamado Parque aventura de Laza, un proxecto que a día de hoxe continúa sen estar en funcionamento e coas obras sen rematar, a pesar de que foi un dos investimentos máis cuantiosos do chamado Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia presentado no 2011. A europarlamentaria rexistrou en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á CE sobre o citado parque de aventura que cambiou até en 3 ocasións de nome, chegando a denominarse “Territorio Feiticeiro”, “Bosque Mágico” e “Santiago Park”.

O 11 de febreiro do 2011 publicouse no Boletín Oficial do Estado Español (BOE), a resolución do 26/01/2011, da Secretaría Xeral de Turismo e Comercio interior, pola que se publicaba o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia, a Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios do Turismo e Hostelería Puertas de Galicia, para o desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia. Aínda que no convenio os compromisos de financiamento proceden de Turespaña, a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Municipios das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, na cláusula 7 do citado convenio di: “No caso de tratarse de rexións elixibles con arranxo aos obxectivos da política de cohesión comunitaria (2007-2013), e a fin de poder xustificar as contribucións efectuadas ante os órganos competentes da Comisión Europea, deberán aportarse as copias compulsadas das facturas orixinais das actuacións do Plan que se soliciten”.

Senra reclama que a Comisión tome cartas no asunto e revise canto antes os fondos que se levan investidos aquí, nun proxecto que sigue sen levarse a cabo e que, considera, debera ser investigado para ditaminar a posible existencia dun uso fraudulento de fondos europeos. A CE debería dar contestación nun prazo de entre 4 e 6 semanas á pregunta da eurodeputada galega.

 

Pregunta-Laza

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies