AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE a analizar se a EDAR de Sarria viola a directiva de tratamento de augas residuais

15 Outubro, 2018 augas, contaminación, depuradora, EDAR, GUE/NGL, Lidia Senra, rías, ríos, Sarria

Grafico iniciativas parlamentos

  • A deputada informa por escrito á Comisión Europea sobre os continuos vertidos contaminantes por mor da inoperatividade da depuradora 
  • Denuncia situacións similares en moitas localidades e reclama saber o diñeiro europeo investido en instalacións na Galiza que funcionan mal 

Santiago, 15 de outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra presentou este luns pola mañá en Bruxelas un escrito dirixido á Comisión Europea (CE) no que insta ao organismo comunitario a investigar se a actual Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sarria, cos seus continuos vertidos contaminantes ao río e co seu mal funcionamento, está incumprindo a Directiva 91/271/CEE sobre tratamento de augas residuais urbanas[1].

Pregunta a CE escritaCo escrito rexistrado hoxe, Senra dá cumprimento e efectiviza o compromiso público que adquirira a principios de mes, cando visitou a zona na que está instalada a EDAR, acompañada por membros de En Marea Sarria e dos deputados no Parlamento Galego Luís Villares e Paula Vázquez Verao, así como do deputado no Congreso Miguel Anxo Fernán-Vello.

A eurodeputada denuncia que a EDAR de Sarria leva anos sobrepasada, pois xa no 2010 Augas de Galicia recoñeceu a necesidade de afrontar unha reforma para convertela en operativa. “As verteduras ao río Sarria son frecuentes e a contaminación derivada é alarmante, até o punto de que o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil recoñeceu recentemente[2] que a instalación incumpre os parámetros en canto a vertidos e que pode ser obxecto de sancións da UE”, explica Lídia Senra no seu escrito á CE. “A problemática débese a que as instalacións non contan con capacidade suficiente para dar servizo á localidade ante o crecemento da poboación, ao que se suman filtracións das canalizacións”, engade a europeputada.

Ante esta situación, Senra pregúntalle á CE se ten constancia do mal funcionamento da EDAR de Sarria e se está tomando ou pensa tomar algunha medida por incumprimento da Directiva 91/271/CEE sobre tratamento de augas residuais urbanas de Sarria.

Máis alá, a europarlamentaria chama a atención á CE sobre o feito de que situacións como esta desafortundamente non son unha excepción na Galiza senón todo o contrario, pois problemas semellantes repítense en numerosas localidades galegas nas que a depuración de augas residuais non se está a realizar como se debería. Neste sentido, Senra denuncia que son moitas as EDAR que se constrúen con fondos europeos e que non funcionan correctamente e reclama coñecer que cantidade de diñeiro leva investido a UE na Galiza para o tratamento de augas residuais urbanas a través dos diferentes programas operativos en 2007-2013 e 2014-2020. A xuízo de Senra, non é de recibo que se invistan fondos europeos en instalacións que non cumpren o seu obxectivo e que siguen contaminando as nosas rías e ríos e ve imprescindible que a CE realice un maior seguemento do emprego dos seus fondos e pida contas tanto ao Estado español como á Xunta e aos Concellos e organismos responsables para atallar estas situacións.

Ademais da situación da depuradora de Sarria, Lídia Senra ten denunciado durante esta lexislatura europea o mal funcionamento da depuradora de Ponteareas e a contaminación no río Tea; tamén o mal funcionamento da depuradora da Illa de Ons; a EDAR da Estrada e as súas verteduras ao sistema fluvial do Ulla-Deza; o mal investimento de fondos europeos na EDAR de Ribeira, con cheiros e vertidos cando aínda non está en pleno funcionamento; ou os vertidos de augas residuais en Xunqueira de Ambía. A estas denuncias poderíanse sumar un longo etcétera de iniciativas levadas a cabo tanto no Parlamento Europeo como na Galiza nos últimos catro anos para facer fincapé na necesidade de sanear as rías e ríos e de protexer a saúde das nosas augas.

_________________________________

[1] Aquí pódese consultar a Directiva:

https://bit.ly/2pTAujv

[2] Noticia publicada en El Progreso o 18 de abril do 2018:

https://bit.ly/2Ab4XPT

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies