AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra inicia esta semana unha rolda de encontros polas confrarías galegas

17 Xaneiro, 2017 AGEe, confrarías, GUE/NGL, Lidia Senra, mar, medidas técnicas, pesca
  • Pretende consensuar co sector as emendas a presentar á Proposta de novo regulamento da UE sobre a conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas 
  • A eurodeputada galega estará este sábado ás 17:00h. na confraría de Corcubión; o día 28 na Pobra e en Poio; e continuará coas xuntanzas noutros puntos do litoral nas fins de semana de febreiro

 Cartel rolda pesca en Corcubion 210117Santiago, 17 xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), comezará esta semana unha serie de encontros polas confrarías galegas, co obxectivo de reunirse coas persoas que forman parte directamente do sector no noso país e consensuar con elas as emendas a presentar á Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e o Consello sobre a conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas.

Lídia Senra estará concretamente este sábado, día 21 de xaneiro, na Confraría de Corcubión, a partir das 17:00 horas, e anima a todos os mariñeiros e mariñeiras a asistir á xuntanza, xa que as medidas técnicas que ten en mente modificar a UE establecerán cambios nas normas que regulan como e onde se pode pescar e introducirán modificacións sobre o funcionamento das artes de pesca, o seu deseño, os tamaños mínimos, as zonas de veda ou as medidas de protección das especies ou ecosistemas sensibles.

Ante o futuro debate no Parlamento Europeo dun texto tan importante para Galiza, xa que afectará directamente a miles de familias que viven da pesca, Lídia Senra quere que sexan as propias persoas do sector afectado as que avalíen a proposta e preparar con elas a posición que defenderá na UE. Neste sentido, despois da primeira reunión deste próximo sábado en Corcubión, a eurodeputada ten xa fixadas xuntanzas tamén co sector na Pobra do Caramiñal, o sábado 28 de xaneiro, ás 11:00 horas (no Auditorio do Museo Valle-Inclán); e ese mesmo sábado tamén, o día 28, ás 17:00 horas en Poio.

As reunións de Lídia Senra polo litoral galego continuarán nas fins de semana de febreiro, co obxectivo de chegar ao maior número posible de zonas e valorar a situación en conxunto. Con case total probabilidade, e sempre que as axendas o permitan, Alexandra Fernández, deputada de En Marea no Congreso dos Deputados, asistirá tamén a todas estas xuntanzas para recoller as propostas do sector e poder trasladalas e adaptalas posteriormente para o seu traballo nas Cortes do Estado español.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies