AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra informa á CE da agresión que sufriu un preso galego por parte dun funcionario no cárcere de León

28 Xuño, 2017 agresión, centro penitenciario de León, dereitos humanos, GUE/NGL, Lidia Senra, Mansilla de las Mulas, prisión, trato degradante
  • Insta á UE a abordar co Estado español a necesidade de adoptar medidas que garantan o respecto de dereitos humanos dos reclusos/as 
  • A deputada chama a que actúe neste e noutros casos similares a rede europea de organismos de supervisión penitenciaria independentes

capture-20170628-131031Bruxelas, 28 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este mércores un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), no que lle informa da recente agresión que sufriu un preso galego interno no cárcere de Mansilla de las Mulas (León) por parte dun funcionario dese centro. Senra faise eco da denuncia xudicial que o propio afectado e o seu avogado cursaron e insta ao ente comunitario a tomar medidas, tendo en conta que a CE está a amosar continuamente de palabra o seu compromiso coa salvagarda dos dereitos humanos e que o artigo 4 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE recolle que “ninguén poderá ser sometido a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes”.

O pasado 25 de abril do 2017, Adrián Mosquera Pazos, galego preso no cárcere de Mansilla de las Mulas (León), denunciou xudicialmente ter sido agredido por un funcionario cando estaba a facer ioga. A agresión provocoulle , segundo o parte de asistencia médica emitido polo doutor da Enfermería do centro penitenciario, “contusións na cabeza e chichón con hematomas na fronte”. O preso asegura tamén que está a padecer unha “persecución absurda” na prisión, xa que ademais de ter as comunicación intervidas, e da dispersión que lle aplican, sanciónaselle de forma arbitraria e négaselle o seu dereito a visitas médicas extrapenitenciarias.

Tendo en conta que, segundo resposta a unha pregunta anterior, a Comisión facilitou no 2016 unha subvención ao Consello de Europa para formar unha rede europea de organismos de supervisión penitenciaria independentes, Lídia Senra pregúntalle á CE se non entende que debería abordar coas autoridades españolas a necesidade de adoptar medidas que garantan que non se volven vulnerar os dereitos desta persoa nin de ningunha outra. Prevé poñer este caso en coñecemento desa rede europea para instar ao Estado español a abandonar estas prácticas nas prisións?”, insiste Senra.

Esta non é a primeira vez que Senra denuncia vulneración de dereitos humanos nas prisións do Estado español. En efecto, no 2016 Senra denunciou en diferentes ocasións a dispersión penitenciaria que se aplica no Estado, así como o réxime FIES e outros casos de agresións a presos. Senra tamén solicitou o ano pasado poder visitar o cárcere de Teixeiro, ante as continuas denuncias afectuadas por Esculca e por presos e presas desta cadea, pero non recibiu contestación algunha.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies