AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra incide na sesión plenaria do PE nos riscos laborais implícitos no manexo de agrotóxicos

3 Maio, 2018
  • O  Parlamento Europeo debateu en sesión plenaria medidas para facer fronte á sinistralidade laboral na actividade agraria
  • Senra lembrou que os agrotóxicos son a segunda fonte de risco para o campesiñado e demandou estudos independentes sobre os seus efectosç

Bruxelas, 3 de Maio de 2018. A eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, interveu durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo no debate correspondente a unha pregunta oral dirixida á Comisión Europea sobre seguridade laboral no sector agario, que buscaba chamar a atención sobre os máis de 500 accidentes mortais que segundo Eurostat tiveron lugar na Unión Europea durante o ano 2015, así como solicitar a posta en marcha de medidas concretas ao respecto.

Na súa intervención, a coordenadora do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural chamou a atención sobre o feito de que  “se ben a maquinaria é a principal responsable das lesións e mortes ocorridas no desempeño do traballo agrario, a exposición a praguicidas e outros agroquímicos constitúe a segunda fonte principal de risco para a saúde das labregas e labregos”.

Polo tanto, ademais do establecemento de medidas orientadas especificamente a  reducir accidentes coas maquinarias e os animais no desenvolvemento do seu traballo e recoñecer as enfermidades profesionais, apelou á necesidade de “concienciar e informar do risco que supón o uso e o manexo dos agrotóxicos”. Así, xunto co establecemento de medidas de prevención, Senra demandou á Comisión Europea e aos Estados membro a elaboración de estudos “serios, rigorosos e independentes” que aborden “os efectos potenciais na saúde a medio e longo prazo da exposición aos pesticidas, e a súa relación con certos tipos de cancro e malformacións fetais”.

Lídia Senra, responsábel a nivel de todo o Parlamento Europeo do seguimento da transversalización da perspectiva de xénero na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, fixo mención específica á necesidade de incorporar tamén o enfoque de xénero neste ámbito, tanto nas análises previas como nas medidas de prevención orientadas a minimizar a sinistralidade laboral agraria. Un xeito de avanzar neste sentido, propuxo, sería “incrementar a participación das mulleres na toma de decisións relativas á seguridade e saúde laborais”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies