AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra impulsa a visibilización das mulleres labregas nos estudos estatísticos da Unión Europea

10 Outubro, 2017 labregas, mulleres, titularidade compartida
  • A Comisión de Agricultura do PE aprobou hoxe un informe co obxectivo de mellorar a recollida dos datos estatísticos agrarios dos Estados
  • Senra promoveu que se propoña que as estatísticas europeas inclúan a situación das mulleres ao respecto da titularidade das granxas

Bruxelas, 10 de Outubro de 2017. Na mañá de hoxe a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo aprobou un proxecto de informe sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo ás estatísticas integradas sobre explotacións agrícolas. Lídia Senra, representante do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica nesta comisión parlamentaria, presentou unha batería de emendas ao texto “co obxectivo de que os datos que conformarán no futuro o retrato do agro a nivel europeo deixen de invisibilizar o traballo realizado polas mulleres”.

LidiaSenra_COMAGRI_101017
A eurodeputada galega Lídia Senra na sesión da Comisión de Agricultura celebrada o 10 de outubro de 2017

Cuestións directamente relacionadas ca posta en valor do papel que as mulleres representan na produción de alimentos, así como, dende un punto de vista de igualdade a nivel administrativo, o seu propio acceso a certos apoios económicos e, en xeral, o deseño das políticas agrarias, elabóranse en base aos datos estatísticos dispoñíbeis en relación  ao contexto agrario comunitario, polo que “a infrarrepresentación das labregas neste punto de partida está a condicionar o desenvolvemento mesmo das políticas agrarias e de desenvolvemento rural”, advertiu a eurodeputada galega. Aliás, esta desigualdade de inicio está a implicar tamén unha significativa dificultade para saber con un mínimo de exactitude “cales son os impactos específicos que as políticas agrarias están a ter nas mulleres labregas”, unha cuestión imprescindíbel para poder proceder á súa reformulación en base ás necesidades e demandas específicas das mulleres que traballan no sector agroalimentario.

Ademais daquelas engádegas presentadas por Lídia Senra ao texto orixinal co obxectivo de garantir a obtención de datos desagregados por sexo nos estudos estatísticos da Unión Europea, cabe salientar que unha das enmendas realizadas pola eurodeputada galega recollidas neste informe avanza nunha demanda histórica das labregas galegas e europeas en xeral: a da titularidade compartida nas explotacións agrarias. Así, o feito de poder acceder en vindeiros estudos a un retrato real da situación das mulleres labregas en relación á titularidade das explotacións agrarias “permitirá visibilizar a discriminación existente e poderá axudar a presionar aos Gobernos dos Estados para que poñan en marcha medidas que realmente avancen na titularidade compartida das granxas”, analizou Senra. “Cando falamos de recoñecemento dos dereitos das mulleres labregas, temos que falar de titularidade das explotacións”, recalcou.

Ademais, dada a precaria situación económica da maioría de granxas europeas -abafadas por unha Política Agraria Común feita á medida da agroindustria e non do campesiñado-, en moitas ocasións só a persoa que figura como titular da explotación cotiza á Seguridade Social, o cal implica que moitas veces as mulleres labregas que traballan nas explotacións familiares fican especialmente vulnerábeis cando acadan a idade de xubilación, xa que non poden acceder a unha prestación económica digna.

Por último, cabe lembrar tamén que, nesta liña de traballo a prol dos dereitos das mulleres labregas, Lídia Senra foi poñente da Resolución sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais, aprobada en marzo deste ano, na que o Parlamento Europeo instou aos Estados membros a velar polo pleno recoñecemento da participación das mulleres na xestión das explotacións agrarias, promovendo e facilitando o seu acceso á propiedade y copropiedade das mesmas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies