AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra expón as reivindicacións do sector do cerco na sesión plenaria do Parlamento Europeo

15 Decembro, 2015 acordos comerciais, cerco, Comisión Europea, cotas pesqueiras, crise de dereitos, emerxencia social, liberalización, libre mercado, Lidia Senra, mariñeiros, OMC, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal
  • A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda subliñou a importancia de estabelecer a cota en base ao número de tripulantes
  • Senra esixiu que a UE garantan que o Estado español realice un reparto de cotas respectando o Art.17 da Política Pesqueira Común

Bruxelas, 15 Decembro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, empregou onte a quenda de intervención libre dun minuto de duración para expor na sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo as reivindicacións principais do sector do cerco.

Senra subliñou que dende fai dous meses 120 barcos barcos desta arte de pesca fican amarrados nos portos galegos, e deu conta da acampada reivindicativa fronte ao Goberno galego levada adiante pola Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA).

“Denuncian que o reparto da cota por históricos ameaza a supervivencia das 1.200 familias que dependen destes barcos, provocando ademais a destrución de milleiros de postos de traballo indirectos e poñendo en risco o futuro das comarcas costeiras galegas”, trasladou Senra, “reclaman xustiza, un reparto non discriminatorio das cotas, e que este se faga en función dos tripulantes de cada barco”.

“Os homes e as mulleres do cerco -recalcou a eurodeputada galega- esixen que dende as institucións europeas se garanta que o Goberno español teña en conta criterios socioeconómicos á hora do reparto das cotas, tal e como establece o Artigo 17 da Política Pesqueira Común, cousa que non está a facer”.

A eurodeputada de AGEe Lídia Senra estivo acompañando en Bruxelas a unha delegación de ACERGA o pasado 10 de novembro na súa entrevista con Alain Cadec, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a quen trasladaron directamente as súas reivindicacións. AGE ten amosado o seu apoio á acampada reivindicativa que o sector mantén en Santiago de Compostela dende o pasado 22 de outubro e, mais recentemente, Senra e o deputado de AGE Juan Fajardo, trasladaron o respaldo de Alternativa Galega de Esquerda á proposta de reparto de cotas vinculado ao número de tripulantes e día[1] defendida polo sector.

[1] NdP de ACERGA, 2 de decembro 2016: https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=http://www.acerga.com/images/docs/RP_NOTA_PRENSA_RP_Santiago.pdf

 

Intervención da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, na sesión plenaria do Parlamento Europeo (Estrasburgo), na defensa do reparto de cota en base ao número de tripulantes para o sector do cerco.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies