AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra está a participar en Kenia na 32ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria ACP-UE

20 Decembro, 2016 ACP-UE, África, AGEe, Caribe, GUE/NGL, Kenia, Lidia Senra, Nairobi, Pacífico, política agraria
  • A eurodeputada galega denuncia en Nairobi que a UE está roubando o dereito de cada pobo a decidir as súas políticas agrarias e alimentarias 
  • Asegura que os acordos de libre circulación provocan a desaparición das labregas e labregos en favor das grandes explotacións industriais

 15384642_995054543933211_876655936787598507_o 15433769_995054273933238_8523185033483731782_n 15493689_993636170741715_413761273115282485_o 15578375_993636090741723_5574134894163487849_o 15590707_995054407266558_1883530131222389323_o photo_2016-12-20_11-13-52

Santiago,20 de decembro do 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), está desde o pasado venres na capital de Kenia, en Nairobi, participando na 32ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria ACP-UE (África Caribe Pacífico – Unión Europea), da que é membro desde o inicio da lexislatura, e que se está a celebrar á vez que a 44ª Sesión da Asemblea de Parlamentarias/os da ACP.

A delegación internacional, que reúne a deputadas e deputados do Parlamento Europeo e a parlamenarias/os de 78 países de Africa, Caribe e Pacífico, debateu na plenaria, entre outros asuntos, un informe sobre agricultura familiar, no que Lídia Senra tomou a palabra. “É unha realidade que a inmensa maioría da produción de alimentos no mundo está en mans das pequenas e medianas granxas familiares, o que se acostuma a chamar agricultura familiar”, dixo, e, neste contexto, defendeu que “as persoas que traballan nestas graxas teñen o dereito a seguir producindo a alimentación básica para os seus pobos e para alimentarse a si mesmas”, un dereito que, denunciou, “as actuais políticas agrarias nos están roubando para traspasarllo ás grandes explotacións industriais”. Neste sentido, a eurodeputada galega reclamou como “imprescindibles” políticas públicas que garantan o acceso aos recursos e uns “prezos en orixe decentes”. “Cada pobo debe ter tamén o dereito a decidir as súas política agrarias e alimentarias en base ás súas necesidades”, defendeu.

Lídia Senra afirmou que “actualmente as pequenas e medianas granxas familiares en todo o mundo son vítimas das políticas agrarias da Unión Europea e dos Estados Unidos, que a través das súas leis e recursos apostan pola agricultura industrial”. “A UE e os Estados Unidos de América, a través dos acordos de libre comercio e da Organización Mundial do Comercio, están impoñendo a súas regras neoliberais, con políticas de desregulamentación que afunden os prezos en orixe e expulsan ao campesiñado dos seus mercados tradicionais; deixando ás labregas e labregos totalmente desprotexidos fronte ao abuso da gran distribución, do negocio agroexportador e das decisións ou necesidades dos países importadores”, asegurou.

Na súa intervención en Kenia, insistiu en que estas políticas neoliberais “frearon ou paralizaron totalmente as reformas agrarias e dificultan cada vez máis o acceso á terra e favorecen de distintas formas o acaparamento de terras e dos recursos naturais en todo o planeta”.

Feita esta análise, Lídia Senra considerou que o informe de partida abordado na 32ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria ACP-UE ten aspectos moi positivos, con posicións claras contra o acaparamento de terras, os transxénicos, as sementes, a auga e os recursos naturais. Sen embargo, no traballo en Comisión aprobáronse dúas emendas que, considera, “desvirtúan o texto orixinal e nós rexeitamos totalmente”, en referencia á posición que manten AGEe.

Nunha das emendas, introducida pola dereita europea, mantense que o feito de que “estas explotacións empreguen máis man de obra perpetúa a pobreza”. “Desde logo, nada máis lonxe da realidade, manter empregos xera riqueza, pero os traballadores e as traballadoras son pobres  e a pobreza perpetúase coas políticas de prezos de miseria, salarios baixos e concentración da riqueza”, dixo Senra.

A outra emenda fai referencia a que os acordos de libre circulación de bens e servizos a nivel rexional e os acordos rexionais de libre cambio e de infraestruturas son positivos para as pequenas explotacións. “Nós sabemos que sucede todo o contrario, que a nosa integración rexional (UE) trouxo como consecuencia a desaparición de miles de explotacións e que este proceso permanente aínda non acabou; ademais de traer á vez a dependencia alimentaria, xa que importamos unha gran cantidade de alimentos porque perdemos produción e mercados a favor de que os produtos das multinacionais agroalimentarias e da distribución circulen libremente”, denunciou.

É por este motivo que Lídia Senra presentou para o pleno emendas de supresión destes dous apartados, e só se foran aprobadas AGEe podería apoiar o citado informe.

A eurodeputada galega permancerá en Nairobi até este mércores, cando rematará a Asemblea.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies