AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Esiximos verdadeiras solucións políticas á situación do sector téxtil galego, non parches”

1 Marzo, 2018
 
·        Senra votou hoxe a favor da activación do FEAG para a comarca de Ordes pero chamou a tomar consciencia da utilización interesada do mesmo
·        Denuncia o sesgo patriarcal da formación que vai ser financiada con cartos da UE, que ademais aboca ás mulleres a empregos precarizados
 
Bruxelas, 01 de Marzo de 2018. O Pleno do Parlamento Europeo vén de aprobar un informe a fin de  activar o denominado Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) para 303 persoas despedidas de 5 empresas do sector téxtil na Comarca de Ordes: Caramelo, Confecciones Deus, Deus Creaciones, Shivshi e Viriato.
 
Lídia Senra,  eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL), se ben votou a favor desta asignación e 720.000 euros -adicada principalmente a talleres, orientación laboral e complementos económicos-, chamou a facer unha reflexión sobre a interesada instrumentalización implícita na activación deste tipo de medidas por parte da Unión Europea. “Cómpre ter en conta que estes 720.000 euros son, unha vez máis, un parche económico co que a UE pretende eludir a súa verdadeira responsabilidade, que é a elaboración de políticas socioeconómicas que precisamente deberían ter impedido que se chegase á situación de destrución destes 303 postos de traballo na comarca de Ordes”, denunciou. “É necesario un cambio radical na orientación das axudas, combinado con medidas políticas de fondo, como a relocalización da produción e o regulamento dos mercados”.
 
Nun mecanismo que lembra moito á activación de orzamento comunitario das denominadas políticas de “reconversión” que se aplicaron durante a década dos anos 80 e 90 do século XX, o epígrafe “Fondo Europeo de Adaptación á Globalización” non é máis que un eufemismo para enmascarar unha estratexia orientada principalmente a paliar as consecuencias que o empobrecemento das clases populares pode ter no sostemento dos niveis de consumo e no mantemento do status quo que as clases dominantes gostan de denominar  “paz social”.
 
De feito, o propio informe identifica este fondo como un instrumento de “axuda adicional” a traballadoras/es “que sofren as consecuencias de cambios estruturais importantes nos patróns do comercio mundial”, obviando por completo que a propia UE -tanto de xeito directo como través de estruturas como a Organización Mundial do Comercio (OMC)- é un dos principais axentes deseñadores e impulsores destes “cambios estruturais”.
 
“A posta en funcionamento da OMC no ano 1995 foi a estocada definitiva para preparar o terreo para a as grandes fortunas que se ían enriquecer inda máis sacando proveito da globalización do sistema capitalista”, explicou a eurodeputada galega. “A través dos seus acordos, a OMC favoreceu o desmantelamento das industrias locais, como neste caso as téxtiles galegas, reforzando dinámicas comerciais liberais, con cada vez menos control público, que lle permitían ás grandes empresas, como por exemplo a Inditex de Amancio Ortega, obter máis beneficios en base á  deslocalización das producións e ao fomento das importacións”.
 
A día de hoxe, segundo datos da propia Comisión Europea, non só cabe destacar que o principal proveedor téxtil da UE é China, se non que a tendencia de acaparamento de mercado é tan pronunciada que tan só entre 2004 e 2016 as súas exportacións á EU-28 incrementáronse un 245%. Esta situación, xunto con outros condicionantes como a deslocalización da produción téxtil a países asiáticos e do norte de África, traduciuse na desaparición dun 26% das empresas galegas de confección entre o ano 2010 e 2016. “É necesario poñer fin ás importacións, relocalizar a produción textil; non é de recibo que mentras se desmantelan as empresas e se eliminan os postos de traballo sexa case tarefa imposíbel para nós poder vestirnos con roupa galega”, evidenciou a eurodeputada galega.
 
Por outra parte, tendo en conta que o 83,5 % das persoas obxecto das accións formativas que van ser financiadas polo FEAG son mulleres de entre 30 e 54 anos, a eurodeputada galega cualificou de “moi preocupante” o feito de que grande parte da mesma estea circunscrita ao ámbito da atención a persoas dependentes, “é moi cuestionábel que se estea utilizando cartos públicos para redundar na visión machista de adxudicar en exclusiva ás mulleres os traballos vinculados ao ámbito dos cuidados. Un sector laboral ademais fondamente precarizado e en mans de empresas privadas,  en grande medida precisamente debido á insuficiente corresponsabilidade institucional con respecto á interdependencia presente en distintos momentos vitais de toda a poboación, e á negativa dos distintos Gobernos a articular uns servizos sociais públicos e de calidade”.
 
Igualmente orientada a sectores laborais fondamente precarizados, denunciou Senra, é a formación que se vai financiar baixo o epígrafe “almacéns, ocio e recreación”, abocando ás persoas obxecto de este plan formativo novamente a un sector no que predominan as longas xornadas de traballo e os baixos salarios. Neste sentido, Lídia Senra puxo sobre a mesa a pertinencia de que esta oferta formativa sostida con financiamento europeo  “debería ter sido antes consultada cas traballadoras/es afectados, permitindo axustarse correctamente ás súas necesidades e expectativas ou, en todo caso, orientada cara a obtención dun emprego de calidade e non supeditado a estereotipos de xénero”; e situou como proposta alternativa “a preparación para acceder a postos de traballo na Administración pública, como se ten feito noutros países europeos para avanzar na eliminación das brechas laborais de xénero.”
 
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies