AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Esiximos unha etiquetaxe correcta, queremos decidir que tipo de modelo produtivo apoiamos”

10 Maio, 2016 Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, OMC, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade
SEnra_etiquetaxe_090516
Intervención da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, ao respecto da fraude na etiquetaxe do peixe
  • Debate en sesión plenaria do PE sobre a trazabilidade dos produtos da pesca e acuicultura no sector da restauración e do comercio minorista
  • Un estudo da ONG OCEANA alerta de que 1 de cada 3 peixes servidos en Bruxelas non se corresponden ca especie sinalada na etiquetaxe

Estrasburgo, 10 Maio 2016. Onte deu comezo a sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo [ORDE DO DÍA] que terá lugar até o vindeiro xoves. Entre os temas a debater, abordouse a primeira hora da noite a polémica suscitada polas deficiencias no etiquetado do peixe, constatadas recentemente de xeito paradigmático precisamente no “corazón lexislativo” da UE: Bruxelas.

O debate deu inicio a través dunha pregunta oral rexistrada polo Presidente da Comisión de Pesca do Parlamento, Alain Cadec, na que pon sobre a mesa os resultados do estudo realizado pola ONG OCEANA[1] a través do cal averiguouse que o 31.8% das 280 mostras analizadas non se correspondían co indicado na etiqueta.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra -que xa se pronunciara públicamente sobre este caso concreto-, interveu para sinalar o feito de que estas conclusións, moi posíbelmente extrapolábeis a máis cidades europeas, “poñen de manifesto a frecuente connivencia da Comisión Europea con intereses contrarios aos dereitos das consumidoras e consumidores”. Fronte a esta situación, Senra insta á Comisión a “actuar con contundencia”, e lembroulle que “o etiquetado incorrecto intencional e fraudulento de especies de peixes é unha violación do regulamento da UE, incluída a Política Pesqueira Común”.

Dende AGEe reiteramos que é realmente urxente garantir un etiquetado do peixe “claro, transparente, fiábel e comprensíbel, incluíndo o país de procedencia, tanto no mercado de fresco, como nos restaurantes ou nas conservas e transformados”.

Cómpre rematar xa ca confusión que causan os actuais requisitos de identificación, “mediante os cales as capturas de Galiza, por exemplo, etiquétanse como procedentes de augas portuguesas, ou que as capturas da Bretaña se etiqueten como procedentes do Golfo de Bizkaia”, exemplificou a eurodeputada galega.

Tamén é necesario actuar contundentemente para evitar co engano ás consumidoras/es que supón que marcas de conservas asociadas a un territorio, poidan envasar produtos pesqueiros procedentes doutros lugares sen indicar a orixe, “como veu sucedendo por exemplo co mexillón na Galiza”, lembrou Senra.

A día de hoxe, tódalas persoas temos unha significativa responsabilidade e capacidade de acción como consumidoras, xa que en función de a quen ou que merquemos, estaremos apoiando distintos modelos produtivos, é dicir, máis ou menos respectuosos co medioambiente, máis ou menos respectuosos cas condicións laborais das traballadoras/es… por iso é necesario “ter garantido o dereito a decidir que tipo de economías queremos apoiar”, porque “hoxe, máis que nunca, mercar é un acto político”, aseverou Lídia Senra.

[1]Estudo completo: http://eu.oceana.org/sites/default/files/421/oceana_factsheet_seafood_fraud_brussels_eng.pdf

 

Intervención en sesión plenaria.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies