AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esíxelle a Feijóo que cumpra coas leis galegas e coa Carta Europea de Linguas Minoritarias

17 Setembro, 2016 AGEe, Alberto Núñez Feijóo, dereitos lingüísticos, fala, Lidia Senra, lingua
  • Critica o Decreto da Xunta que aproba que a Administración pública respostará en castelán a toda persona que se dirixa nesta lingua
  • A eurodeputada considera que a normativa é un claro retroceso na normalización do idioma propio, que nos leva a niveis preautonómicos

 cadro-humor-de-davila

Santiago, 17 setembro 2016. “É un claro retroceso no proceso de normalización do noso idioma, que nos leva a niveis preautonómicos”. Así cualifica Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), o novo Decreto polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia, aprobado este xoves na reunión semanal do Consello da Xunta.

Lídia Senra insta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a dar marcha atrás neste tipo de políticas que van “contra os dereitos do pobo galego e incluso contra as leis que o mesmo PP aprobou no seu día”, en relación ao Estatuto de Autonomía de 1981, á Lei de Normalización Lingüística de 1983 e á Lei do Uso do galego como lingua oficial polas entidades locais de 1988. “Estas tres leis, aprobadas no seu día tamén cos votos do Partido Popular a favor, e co apoio unánime de todos os grupos, recoñecen o galego como lingua propia da Galiza. Sen embargo, en pleno ano 2016, Núñez Feijóo ven de aprobar que as administracións públicas poidan contestar en castelán, un feito de semellante indecencia que fai que a dereita non cumpra nin as súas propias leis”, denunciou a eurodeputada. Ademais, Senra advírtelle ao líder do PPdeG que, de non recuar, o Consello de Europa, igual que xa fixo a principios deste ano no seu informe, volverá tirarlle das orellas á Xunta por non estar a cumprir coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

“É unha vergoña que en lugar de dar pasos a prol da normalización do galego, Feijóo utilice a súa maioría absoluta para blindar, a unha semana das eleccións galegas, e no ano do que se cumpre o centenario das Irmandades da Fala, o uso do castelán por parte da Administración pública galega”, defende Lídia Senra. “A  nefasta política levada adiante por Núñez Feijóo desde que é presidente da Xunta tivo como consecuencia unha perda importante de falantes de galego e agora, con isto, o que pretende é darlle xa o golpe definitivo para que a lingua do país desapareza”, asegurou.

A eurodeputada lémbralle ao presidente da Xunta que este tipo de medidas van contra o espírito da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que recolle que as autoridades administrativas e servizos públicos das circunscricións do Estado con falantes en linguas minorizadas, como é a galega, deberán comprometerse a velar porque se empreguen estas. “Estamos ante un novo capítulo da política anti-galego de Feijóo”, denunciou Lídia Senra, que vaticinou que este decreto traerá as súas consecuencias a nivel de reprimenda europea. “No último informe do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, recollíase a preocupación deste organismo pola redución gradual da presenza do galego na ensinanza media, coa introdución do modelo trilingüe e o feito de que a proporción do galego se vía reducida no ensino primario e secundario. Cando o Consello de Europa coñeza este novo decreto que reduce o uso do galego na atención á cidadanía no sector público, que será o que van considerar?”, preguntouse Lídia Senra.

Neste sentido, a eurodeputada xa anunciou que denunciará este novo ataque ao galego, dando a coñecer a situación no Intergrupo do Parlamento Europeo de Minorías Étnicas, Nacionais e Linguas Minoritarias de Europa, do que ela forma parte.  A representante de AGEe considerou ademais que, como presidente da Xunta,  Núñez Feijóo debería estar a cumprir coa lexislación lingüística e, en lugar de aprobar decretos “nocivos e de retroceso para o país” a unha semana das eleccións, “traballar para que o galego sexa recoñecido como lingua oficial no Parlamento Europeo”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies