AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe que se garanta unha investigación independente sobre as causas do accidente de Angrois

24 Xaneiro, 2017 accidente, Angrois, Comisión de Peticións, GUE/NGL, investigación independente, Lidia Senra, tren, vítimas
  • A eurodeputada galega denuncia que o Estado español lles segue a negar ás vítimas do Alvia e á sociedade o seu dereito á verdade 
  • En presenza das vítimas, a Eurocámara pide unha investigación supervisada pola Comisión sobre as raíces profundas do sinistro 

Bruxelas, 24 de xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), asegurou este martes ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que “non é aceptable nin ético que as autoridades do Estado español lles neguen ás vítimas do accidente de Angrois e á sociedade o dereito a coñecer as verdadeiras causas do sinistro”. A eurodeputada galega acusou deste xeito ao Estado español “de antepoñer os intereses económicos á seguridade” no transcurso da petición que a Asociación de Vítimas do Alvia cursou esta mañá en Bruxelas para volver a reclamar ante as autoridades europeas unha verdadeira investigación independente sobre o grave accidente de tren que en xullo de 2013 causou a morte de 81 persoas e deixou máis de 140 feridos en Santiago de Compostela.

Os membros da comisión de Peticións do Parlamento Europeo, expresamente dedicada a atender as demandas da cidadanía da UE, pediron tras escoitar a dous representantes da asociación de vítimas  unha nova investigación independente coa supervisión da Comisión Europea “que aborde as debilidades do informe español anterior” e que os resultados da mesma sexan presentados de novo ante o Parlamento Europeo. A actuación do goberno español respecto das causas do accidente de Angrois volve quedar en tela de xuízo en menos dun ano, xa que en xullo de 2016 a Axencia Ferroviaria Europea emitiu un duro informe para a Comisión Europea no que acusaba ao Estado de non levar a cabo unha investigación independente, de non dar información nin voz ás vítimas e de pasar por alto as causas profundas do sinistro. Estas “causas profundas” son precisamente as que poden afectar ás empresas publicas implicadas, que á súa vez formaban parte do propio equipo de investigación da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) encargada de preparar o informe desbotado pola UE.

Durante a súa comparecencia no Parlamento Europeo, dous representantes das vítimas do Alvia, Jesús Dominguez e Teresa Gómez-Limón, recordaron o incumprimento do Estado das directivas de seguridade ferroviaria e interoperabilidade e do regulamento sobre avaliación e valoración de riscos, e do que entenden “unha violación dos dereitos máis esenciais, como o dereito á vida e á seguridade”, ao tempo que reclamaron “unha verdadeira investigación independente que axude a que isto non volva sucederlles a outros cidadáns europeos”. Os membros da asociación recordaron que malia o anunciado polas autoridades españolas, o tramo no que se produciu o accidente non tiña as prestacións de seguridade propias da alta velocidade e que os usuarios foron vítimas dunha “práctica comercial agresiva”. “Leváronnos á convicción de que era unha liña segura, non se nos advertiu de que toda a nosa seguridade dependía do maquinista”, lamentaron, en alusión novamente á investigación do Ministerio de Fomento, tumbada pola Axencia Ferroviaria Europea, que culpaba en exclusiva ao maquinista do tren por exceso de velocidade.

“A Axencia Ferroviaria Europea xa ditaminou que a investigación levada a cabo no Estado non foi independente e por iso seguimos esixindo coñecer a verdade porque é o único que nos vai garantir que non se repitan este tipo de accidentes”, insistiu Lídia Senra. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies