AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe que a UE protexa aos mariñeiros/as aos que Noruega lles nega a xubilación

21 Marzo, 2017 GUE/NGL, Lidia Senra, Long Hope, mariñeiros, Noruega, pensións, xubilación
  • A eurodeputada acompañou á asociación Long Hope nun encontro coa equipa de Marianne Thyssen, comisaria de Emprego e Asuntos Sociais 
  • Asegurou que a negociación das pensións é un problema de dimensións europeas no que a UE debe tomar cartas fronte a Noruega

 DSC05521_2592x1944

Bruxelas, 21 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reuniu esta mañá a representantes da Asociación Long Hope, formada por mariñeiros e mariñeiras que traballaron en buques noruegueses aos que o país nórdico nega a xubilación, co equipo da comisaria de Emprego e Asuntos Sociais da Comisión Europea, Marianne Thyssen. O encontro tivo por obxectivo chamar unha vez máis a atención das autoridades da UE sobre un problema “de dimensións europeas”e reivindicar que as institucións comunitarias deben esixir ao Estado español que defenda os dereitos sociais deste colectivo.

En concreto, os mariñeiros reuníronse en Bruxelas durante unha hora con Inge Bernaerts, responsable de lexislación laboral e seguridade social da comisaria de Emprego e Asuntos Sociais,e no encontro explicaron a loita para lograr que Noruega lles recoñeza a pensión polos anos cotizados nese país. Os traballadores afectados formaban parte da tripulación de buques mercantes noruegueses antes de que en 1994 o país nórdico entrase a formar parte do Espazo Económico Europeo, e non eran considerados traballadores emigrantes en Noruega porque segundo este país non residían nel, razón esgrimida polas autoridades para negarlles o dereito a prestacións derivadas das súas cotizacións a bordo da frota mercante norueguesa.

A eurodeputada galega, que promoveu o encontro da asociación con responsables da Comisión Europea, esixe que as autoridades comunitarias tomen cartas no asunto e reclamen ao Estado español que faga valer os dereitos dos mariñeiros e mariñeiras ante Noruega. “A Comisión é coñecedora desta situación, que afecta aos cidadáns e cidadás dun dos seus Estados membro, e non pode lavarse as mans neste asunto de xustiza social”, recalcou Senra. “A Comisión di que carece de mecanismos para forzar a Noruega a recoñecer os dereitos deste colectivo, porque non é un Estado membro. Pero a UE ten acordos importantes con Noruega e a Comisión pode poñer enriba da mesa a solución deste conflito en base á vulneración dos dereitos humanos”, explicou a eurodeputada.

O portavoz de Long Hope, Alberto Paz, tamén esixiu compromisos firmes por parte das autoridades comunitarias e do Estado español para atopar solución a este conflito, que afecta a uns 8.000 traballadores e traballadoras na Galiza, dun conxunto de 12.000 en todo o Estado. “Non cederemos até que non vexamos compromisos. Moitos dos nosos compañeiros xa morreron sen ver recoñecido o seu dereito a unha pensión e por eles e por nós non abandonaremos”, declarou Paz, cuxa asociación xa levou nos últimos anos a súa loita ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo e a Comisión Europea. O portavoz lembrou tamén que aínda que Noruega non é un Estado membro, si é un país co que a UE ten importantes lazos comerciais. “O 85% das exportacións de Noruega van dirixidas ao Mercado Único e parece que o petróleo e o gas noruegueses son máis importantes para o Estado español e para a UE que a xustiza social”, lamentou.

A asociación agarda agora a celebracións dun xuízo en Noruega os días 4 e 5 de abril, logo de que a propia xustiza norueguesa rexeitase hai menos de dúas semanas a petición da defensa do goberno de Oslo de suspender o xuízo. Suceda o que suceda con esta demanda, o portavoz de Long Hope amosouse firme na idea de continuar ata onde sexa necesario para facer valer os dereitos do colectivo. “Se é preciso seguiremos o percorrido que nos queda até chegar a sentar a Noruega ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo”, dixo.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies