AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo

2 Marzo, 2017 dereitos, GUE/NGL, Lidia Senra, mulleres, Parlamento Europeo, pleno, Rusia, violencia machista
  • A eurodeputada toma a palabra no pleno da Eurocámara en Bruxelas para criticar a despenalización parcial da violencia machista en Rusia 
  • Pide que ningunha agresión quede sen castigo en ningunha parte do mundo e unha Directiva Europea que garanta os dereitos das mulleres

Bruxelas, 2 de marzo de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores pola noite no pleno do Parlamento Europeo, en Bruxelas, que se pase dunha vez por todas “das palabras aos feitos” e non se produza “ningunha agresión machista sen castigo”. “Pido á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo que convertan a loita contra a violencia machista nunha prioridade e que poñan todos os medios ao seu alcance, incluída unha Directiva Europea para rematar coa violencia machista e para garantir os dereitos das mulleres”, reclamou. A eurodeputada galega tomou a palabra no punto da sesión plenaria no que se abordou a recente despenalización parcial da violencia doméstica en Rusia, a raíz da Declaración da vicepresidenta da Comisión e Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade.

Lídia Senra tachou de “moi mala nova para as mulleres rusas e para as mulleres de todo o mundo” a despenalización parcial da violencia machista na Rusia e asegurou que estamos “ante unha gran vitoria do patriarcado”. “Non se pode permitir que os Parlamentos rebaixen as leis para penalizar a violencia contra as mulleres e que abran o camiño para deixar impune a delincuencia machista, porque calquera tipo de agresión ás mulleres é un delito que atenta contra os dereitos humanos”, dixo a europarlamentaria galega. “Ademais, estas agresións no fogar, aínda que non causen feridas físicas importantes, son un delito, atentan contra a autoestima, a saúde e os dereitos das mulleres, e a súa despenalización supón reforzar o pensamento machista de que as mulleres somos posesión dos homes”, advertiu.

“Isto supón seguir alentando o machismo que asasina cada día. A semana pasada no Estado Español foron asasinadas cinco mulleres”, lembrou Senra, para facer fincapé na gravidade do momento que se está a atravesar. “Non podemos consentir que ningún delito machista quede impune, non podemos permitir que se despenalice ningun tipo de agresión machista”, insistiu.

Na Galiza, neste 2017 van xa dúas asasinadas polo menos a mans de homes e son 3.019 as galegas obrigadas a vivir baixo protección policial pola ameaza das súas parellas ou ex parellas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies