AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe a preservación do medio ambiente e da pesca artesanal fronte á acuicultura industrial

6 Marzo, 2018
  • A eurodeputada presentou 84 emendas a un informe no que o PP aposta por expandir a  industrialización da produción acuícola a escala europea
  • Senra pide estudos exhaustivos dos impactos da acuicultura e censura a concesión acelerada de licencias que só busca favorecer aos inversores

Bruxelas, 6 de marzo de 2018. Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) acaba de presentar 84 emendas na comisión de Pesca do Parlamento Europeo na defensa de controis rigorosos dos impactos ambientais, sociais e económicos da acuicultura industrial.  A eurodeputada galega propón deste xeito cambios substanciais ao proxecto de informe Cara un sector europeo da acuicultura sostíbel e competitivo: situación actual e futuros desafíos. O texto orixinal, do que é relator o eurodeputado do Partido Popular Carlos Iturgaiz,  teima en favorecer a imposición do sector acuícola industrial a nivel europeo e relaxar os controis para autorizar novas explotacións baixo o pretexto de “posibles retrasos burocráticos e a inseguridade xurídica”, unha medida na que Senra ve “un intento de favorecer  ás empresas multinacionais e aos  inversores”.

A eurodeputada galega sinala nas súas emendas que non debe considerarse sostíbel ningún tipo de acuicultura que use fariñas e aceites de pescado para alimentar os peixes en catividade, xa que supón seguir sobreexplotando os caladoiros para coller os peixes necesarios para elaborar os piensos. “Ca alimentación en base a fariñas para conseguir un quilo de atún vermello fan falla 20kg de peixe”, exemplificou. Asemade, subliña a necesidade de que a normativa sobre saúde animal da UE teña en conta a gravidade dos danos que provocarán nos ecosistemas  os medicamentos para o tratamento de infeccións e enfermidades, e os impactos que terán na saúde das persoas que coman peixes e mariscos procedentes do cebo industrial. Ademais, Senra esixe unha avaliación exhaustiva dos impactos económicos, sociais e medioambientais  dos proxectos acuícolas, tanto antes de conceder autorización para levalo a cabo como para acceder ao financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Senra reitera, ademais, “que o desenvolvemento da acuicultura industrial non é compatible coa alimentación segura, sa e sostíbel que debería priorizar a axenda da UE”.

A representante do GUE/NGL na Comisión de Pesca amósase especialmente preocupada polo impacto que unha relaxación das condicións para implantar explotacións acuícolas tería sobre o sector da pesca artesanal, abondo maltratada xa polo reparto desigual das cotas de pesca. “Para a UE debera ser obxectivo fundamental manter os ecosistemas e as poboacións locais, e para iso debe ter en conta o principio de precaución e que os peixes do entorno das granxas acuícolas se ven afectados polas enfermidades orixinadas nestas explotacións. Ademais, a enorme concentración de peixes nestas instalacións obriga a un uso intensivo de antibióticos e vacinas”, alerta Senra, que pon como exemplo as graves infeccións de piollos detectadas en criadeiros de salmóns en Canadá.

Como xa se ocupou de recalcar no debate celebrado o pasado febreiro na comisión de Pesca, as grandes mobilizacións en Galiza lideradas pola plataforma social Galiza non se Vende contra as multinacionais norueguesas e as protestas do sector pesqueiro galego ante o proxecto da Conselleira Rosa Quintana para desenvolver a acuicultura industrial na Galiza hai apenas dous anos “proban que a sociedade galega é consciente de que estas iniciativas destrúen mais postos de traballo dos que se crean, ademais de danar o mediambiente, e por iso non vai consentir un novo intento do Partido Popular de entregar as costas e os recursos pesqueiros aos intereses das multinacionais da acuicultura”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies