AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe a paralización da norma comunitaria que afecta ás xubilacións de mariñeiros galegos

15 Novembro, 2016 AGEe, coeficientes redutores, Comisión Europea, GUE/NGL, Lidia Senra, mariñeiros, pesca, xubilacións
  • A eurodeputada de AGe rexistrou unha pregunta dirixida á Comisión na que denuncia as consecuencias do futuro rexistro da frota no cálculo dos coeficientes redutores dos traballadores/as dos buques conxeladores
  • Lídia Senra alerta de que certos tipos de navíos non aparecen na clasificación que a UE vai usar no rexistro da frota, o que pode provocar que a tripulación perda o coeficiente do 0,40 do que se beneficiaba 

 reunion-de-lidia-senra-e-alexandra-fernandez-co-movemento-galego-pola-defensa-das-pensions-publicas-o-sabado-pasado-en-pontevedra

Bruxelas, 15 de novembro de 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este martes unha pregunta con solicitade de resposta escrita á Comisión Europa sobre o regulamento de rexistro comunitario da frota pesqueira, actualmente en preparación, que podería provocar a perda do coeficiente redutor do 0,40 da tripulación dos navíos conxeladores do Estado español, o 91% deles buques galegos.  O dito coeficiente redutor é o desconto que se aplica no cálculo de acceso á xubilación dos traballadores e traballadoras dos barcos como compensación ás duras condicións de traballo e periga debido a que a lista de tipoloxías de barcos que usará a Comisión no seu rexistro non inclúe palangreiros, cerqueiros e certos arrastreiros que ata a actualidade se consideraban conxeladores e se beneficiaban da redución máxima. Pola tanto, a eurodeputada de AGe solicita á Comisión que paralice a elaboración desta norma ata atopar unha solución que non modifique os dereitos dos seus tripulantes.

Lídia Senra apela na súa pregunta a que baixo ningunha circunstancia un rexistro da frota e a atribución dun código a cada barco debería prexudicar aos traballadores e traballadoras cando as condicións que orixinaron o dereito ao coeficiente redutor do 0,40 son as mesmas.  A Comisión Europea establece queos Estados Membros deben transmitir á Comisión Europea os datos das súas frotas, incluído o tipo de buque do que se trata mediante algún dos códigos dispoñibles nunhaclasificación elaborada pola FAO en 1984. Nesta lista non se poden encadrar nin palangreiros nin cerqueiros nin certos tipos de arrastreiros conxeladores, xa que os únicos arrastreiros conxeladores previstos son os de popa e costado. A aplicación deste regulamento por parte do Estado español, que é quen debe atribuír en ultima instancia o código, implicaría a rebaixa de código redutor para a tripulación de certos buques conxeladores e, polo tanto, máis tempo de traballo ata o acceso á xubilación.

Ademais, a eurodeputada pídelle ao Estado español que garanta a conservación dos actuais coeficientes redutores antes da aprobación do regulamento comunitario, dada a intención manifestada polo Goberno español derevisalos unha vez se aprobe a norma.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies