AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, entre os 70 eurodeputados/as que asinan unha carta dirixida á UEFA e á FIFA contra o sexismo no fútbol

5 Xullo, 2017 FIFA, fútbol, GUE/NGL, Lidia Senra, machismo, Parlamento Europeo, sexismo, UEFA
  • Sinalan unha fonda preocupación polo discurso do odio e as numerosas mostras de violencia de xénero que acontecen no contexto de partidos 
  • Reclámanlle a Ceferin e a Infantino que poñan fin de forma urxente á tolerancia das institucións neste campo e denuncien todos os casos 

Santiago, 5 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), é unha das máis de setenta eurodeputadas e eurodeputados que veñen de asinar unha carta conxunta dirixida a Aleksander Ceferin, Presidente da Unión de Asociacións Europeas de Fútbol (UEFA), e a Gianni Infantino, Presidente da Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA). Como membros do Parlamento Europeo, as persoas que subscriben a misiva amosan a súa fonda preocupación “con respecto ás numerosas expresións de sexismo, discurso do odio e violencia de xénero que acontecen durante os partidos de fútbol”.

As europarlamentarias e europarlamentarios aseguran que non están a falar de “casos aillados ” xa que “tanto nos estadios de fútbol como noutras contornas deportivas, os casos de violencia de xénero e sexismo son comúns”. “Sen embargo, -din- debido á falta de datos de incidencia e de protocolos, a maioría destes casos permanecen desapercibidos e non son denunciados en público”.

Senra, ao igual que o resto de persoas que impulsaron esta carta, critican que as condenas por parte das autoridades deportivas ou dos clubes de fútbol contra o sexismo e a violencia de xénero son case inexistentes, “o cal é o resultado da subestimación do problema”. Así, reiteran que “a violencia de xénero non é un asunto privado” e reclaman que “sexa tratado co mesmo protocolo que as agresións ou insultos racistas”.

Ademais, fan fincapé no feito de que os casos de discurso sexista son tamén comúns contra árbitros mulleres, deportistas de elite femininas e outras mulleres que asisten a encontros deportivos. “A aceptación e tolerancia destas actitudes reforza o papel dos agresores”, advirten, “e promove a tolerancia contra estes crimes e difunde un sentimento de impunidade”. “Tamén minimiza esta realidade, estigmatiza á vítima e normaliza este tipo de agresións”, engaden.

Fronte a esta realidade, as deputadas e deputados instan ao presidente da UEFA e ao da FIFA a que como responsables das principais institucións futbolísticas denuncien publicamente e firmemente todos os casos de sexismo e poñan fin de forma urxente á tolerancia institucional contra o sexismo e a violencia contra as mulleres. “Tanto a FIFA como a UEFA teñen condenado previamente os insultos racistas e incluso teñen imposto multas a algúns clubes de fútbol por cánticos e agresións racistas. Polo tanto, pedimos que tomen estes casos moi en serio e faga todo o posible por erradicar esta terrible realidade” que afecta ás mulleres. Máis alá, instan tanto á FIFA como á UEFA a que inicien unha campaña pública para establecer un protocolo concreto para combater o sexismo e a violencia contra as mulleres no deporte.

A carta está asinada non só por deputados e deputadas do GUE/NGL, senón tamén por parlamentarios e parlamentarias de S&D, ALDE, Greens/EFA, EPP, ECR e EFDD de diferentes Estados.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies