AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, entre as promotoras dunha declaración escrita pola regulación pública da produción leiteira

29 Setembro, 2016 AGEe, crise leiteira, gandeiría, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, rural, sector lácteo, UE
  • Reclaman da UE instrumentos que aseguren prezos xustos para as/os produtoras/es e un reparto equitativo que evite a concentración
  • Para saír adiante, o texto enviado ao Parlamento Europeo deberá lograr o apoio de 376 eurodeputadas/os antes do 12 de decembro

Santiago, 29 setembro 2016. Dez eurodeputadas e eurodeputados de diferentes países da Unión Europea, entre eles a galega Lídia Senra, veñen que rexistrar unha declaración por escrito de conformidade co artigo 136 do Regulamento do Parlamento Europeo, a favor dunha regulación pública da produción leiteira. Agora, ábrese un prazo de tres meses, e as e os impulsores teñen até o 12 de decembro para obter o apoio de polo menos a metade máis un das eurodeputadas e eurodeputados da Cámara. De lograr esas 376 sinaturas mínimas necesarias, a declaración sería aprobada automaticamente.

O texto está promovido ademais de por Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederación da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), por Miguel Viegas, João Ferreira, Ángela Vallina, Fabio de Masi, João Pimenta Lopes, Neoklis Sylikiotis e Takis Hadjigeorgiou (todos e todas elas tamén do GUE/NGL) e por José Bové, do Grupo dos Verdes/ALE; e Marc Tarabella, de S&D.

A declaración fai fincapé en que nos últimos anos, decenas de miles de produtoras e produtores de leite en toda a UE foron obrigadas e obrigados a abandonar a produción e asegura que a situación crítica en que o sector lácteo se encontra débese á súa liberalización, tachando de “totalmente inaxeitadas” as solucións presentadas até a data. En efecto, e no tocando a Galiza, esta semana semana coñecíase o dato de que só o 9%  das gandeiras e gandeiros galegos pediron a subvención da UE para reducir a produción de leite. Para Lídia Senra, este dato corrobora que a solución non pasa por subvencionar o peche de explotacións leiteiras, como se pretende desde as institucións públicas, senón por levar adiante políticas que permitan manter un rural vivo e un sistema de produción local, con prezos dignos e mercados de proximidade.

As persoas impulsoras da declaración escrita defenden que hai unha “necesidade urxente” de adoptar medidas para axustar a oferta á demanda, así como un mecanismo para asignar dereitos de produción con vistas a resolver a actual discriminación. Chaman tamén a “contrarrestar de forma inmediata o dumping entre os Estados membros” e reclámanlle á CE que estude “a necesidade de introducir instrumentos públicos de regulación da produción e dos mercados que asegure prezos xustos para as produtoras e produtores”, tendo en conta tanto o custo dos insumos como os prezos ao consumo, “co fin de garantir unha distribución equitativa do valor engadido ao longo da cadea de valor do sector e evitar a concentración e intensificación da produción, respectando o dereito a producir de cada Estado membro”.

Segundo datos da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza, nos primeiros cinco meses do 2016, pecharon un total de 222 gandeirías de vacún de leite no noso país, cifra que se suma á crise continua que o sector ven padecendo nos últimos anos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies