AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra e Xabier Pérez Davila presentan este venres na Coruña o libro sobre ‘O futuro das pensións’

31 Xaneiro, 2019 coruña, GUE/NGL, Lidia Senra, modepen, pensións, xabier perez davila

Cartel presentacion libro pensions na Coruña

  • O acto será ás 18:00h, na Casa Museo Casares Quiroga, e será presentado por Paz Madroño, da Coordinadora de MODEPEN, organizadora do evento

  • A eurodeputada reclama que se retire o PEPP e todas as “reformas laborais e de pensións impostas polas santo-sacras institucións do capitalismo”

A Coruña, 31 de xaneiro de 2019. A eurodeputada galega Lídia Senra e o economista e escritor Xabier Pérez Davila presentarán este venres, 1 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (Rúa Panaderas, 12), o libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’1. Será nun acto aberto a todos os públicos, organizado polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) e presentado por Paz Madroño, membro da Coordinadora de MODEPEN na Coruña.

O libro, que se repartirá de forma gratuíta entre todas as persoas que asistan ao acto, recolle textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no pasado mes de setembro nunha xornada organizada pola propia Lídia Senra en Santiago de Compostela sobre esta cuestión2.

“A Comisión Europea non para de dar pasos para favorecer o mercado de capitais”, denuncia a europarlamentaria, que considera que coa súa proposta de Regulamento para a creación dun Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), a CE trata de desenvolver un mercado da Unión Europea para os promotores de Plans de Pensións Individuais “sen importarlle que vai poñer en risco os aforros de miles de persoas, incitándoas a investir en produtos que non son seguros con tal de mobilizar este diñeiro para beneficiar as grandes empresas do ramo, aos bancos, ás compañías de seguros, aos xestores de activos, ás empresas de investimento”. Senra alerta sobre que a propia Comisión di na exposición de motivos desta proposta de Regulamento que o valor de mercado das pensións individuais pasaría de 0,7 billóns de euros a 2,1 billóns de euros de aquí ao ano 2030; fronte a 1,4 billóns de euros se non se crease ese PEPP. “A pesar de ter imposto aos Estados un teito para o gasto público que se traduce en recortes en servizos públicos básicos como o ensino ou o servizo de saúde, non dubidan en recomendar aos Estados que sigan detraendo recursos públicos mediante os incentivos fiscais para favorecer a contratación deste Produto”, critica a eurodeputada.

Lídia Senra advirte de que se este PEPP vai adiante, ter un nivel adecuado de pensión de xubilación vai depender da capacidade de aforro individual e, “no noso caso, o futuro que se albisca é tremendamente escuro para a inmensa maioría, xa que pouca capacidade de aforro pode haber nunha situación de enorme desemprego, de gran precariedade laboral, con traballadoras e traballadores pobres e con prezos agrícolas por baixo dos custos reais de produción”. Para a eurodeputada, “o lóxico sería adoptar políticas para combater as causas polas que as pensións públicas son insuficientes, empezando por botar abaixo as reformas laborais e de pensións impostas polas santo-sacras institucións do capitalismo, sostidas polos partidos maioritarios nos gobernos dos Estados membro da Unión Europea, así como estabelecer políticas agrarias que garantan prezos dignos”.

A eurodeputada seguirá traballando no Parlamento Europeo para intentar que este PEPP se bote abaixo e apoia as mobilizacións previstas para este sábado 2 de febreiro convocadas por MODEPEN3 na defensa dunhas pensións públicas e dignas para todas as persoas.

_______________________

1A versión dixital completa do libro pódese consultar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-espa%C3%B1ol-e-Europa.pdf

2 Aquí información sobre a xornada que tivo lugar en setembro:

https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/

3 https://www.facebook.com/MODEPEN/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies