AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra e Paula V. Verao promoven a constitución dunha plataforma por un sur de Lugo libre do eucalipto

31 Outubro, 2018 distrito forestal IX, distrito forestal VII, distrito forestal VIII, En Marea, eucalipto, GUE/NGL, Lidia Senra, Monforte de Lemos, patrimonio, Paula Vazquez Verao

Cartel convocatoria Por un sur de Lugo libre de eucaliptos 091118

  • A deputada europea e a galega lanzan unha reunión para o día 9 ás 20:00 horas no Centro do Viño de Monforte para avanzar no tema 
  • Fan un chamamento para defender os Distritos Forestais VII, VIII e IX, ante as intencións de plantar esta especie tras os lumes do ano pasado 

Monforte, 31 de outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao, promoverán a constitución dunha plataforma por un sur de Lugo libre dos eucaliptos.

Con este fin, anuncian que o venres 9 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos (Rúa do Comercio, 6), terá lugar unha reunión en réxime de autoconvocatoria para avanzar na conformación de dita plataforma que defenda os Distritos Forestais VII, VIII e IX da plantación de eucaliptos. Senra e Vázquez Verao animan a todas aquelas asociacións e xente particular sensibilizada con este tema a que acuda á cita, tendo en conta que “despois do incendio na parroquia monfortina de Chavaga do ano pasado, estanse detectando plantacións de eucaliptos na contorna e temos visto máis intentos noutros lugares da comarca, algúns xa denunciados e outros non”, aseguran.

“Cremos que se non actuamos xa vai ser a punta de lanza para inzar os Distritos Forestais VII, VIII e IX de eucaliptos, incumprindo até os propios modelos silvícolas definidos pola Xunta que contemplan que nestes distritos non se plantarán eucaliptos”, din as deputadas europea e galega. Fronte a iso, apostan por loitar por “un modelo de monte en harmonía coa agricultura e a gandeiría, que siga sendo rico en biodiversidade, sostible e que contribúa a frear o cambio climático, no que se siga mantendo a auga”. Por iso promoven a xuntanza do día 9 en Monforte e de cara a poder organizar mellor a reunión, agradecen a confirmación de asistencia enviando unha mensaxe ou chamando ao teléfono 698 120 268.

Lídia Senra e Paula Vázquez Verao xa denunciaron publicamente e en diferentes institucións[1] a súa preocupación por esta situación o pasado verán, cando visitaron a zona afectada polos lumes en Chavaga e denunciaron que se estaban acometendo danos no castro de Chavaga cos traballos de retirada da madeira queimada e tamén que se estaban plantando eucaliptos noutras zonas próximas. 

Os últimos datos recoñecidos pola Xunta, que son do 2016, tomados pola comisión do novo Plan Forestal como referencia, indican que temos 330.000 hectáreas puras de eucalipto e outras 160.000 hectáreas de eucalipto mixturado. En total, poderiamos estar falando de 490.000 hectáreas con eucaliptos na Galiza. O dato é máis que preocupante se temos en conta que a previsión do Plan Forestal da Xunta elaborado no ano 1992 era dun máximo de 245.000 hectáreas para o ano 2032, cifra máis que superada xa na actualidade.

“A Xunta de Galicia está permitindo o incumprimentos das súas propias normativas, en concreto os artigos 74 e 76 da Lei de Montes, que establecen que os plans de ordenación de recursos deberá coordinarse cos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais; e o Artigo 9.2 do Decreto 52/2024; e a Orde 19 de Maio de 2014, pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia”, defende Lídia Senra. Na citada Orde de 19 de Maio de 2014, o eucalipto queda excluído do Distrito forestal VIII, Terra de Lemos. Por outro lado, entendemos que a introducción de eucaliptos neste Distrito, contravén as letras a, b, c, d, f e k do punto 23 da Decisión Ministerial de Oslo sobre o Mandato para a Negociación dun Acordo Xuridicamente Vinculante sobre Bosques en Europa asinado polo Estado Español e pola Unión Europea. “Hai toda unha serie de regulamentación tanto europea como galega que non se está cumprindo. Debemos traballar contra o lume e traballar na liña de evitar eucaliptos no sur de Lugo”, conclúe Senra.

“Se apostamos polo Patrimonio en sentido amplo, hai que apostar por modelos produtivos que conserven a paisaxe tradicional e evitar a desorde territorial que impera na Galiza, buscando modelos agrarios sostibles, que fixen poboación no rural con empregos de calidade”, conclúe Paula Vázquez Verao.

_________________________

[1] Información sobre as iniciativas levadas a cabo até o momento:

https://lidiasenra.gal/senra-e-verao-exixen-que-a-xunta-protexa-o-castro-de-chavaga-e-impida-por-eucaliptos-en-zonas-queimadas/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies