AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra e outras/os 14 deputadas/os esíxenlle á UE que protexa a Flotilla das Mulleres Rumbo a Gaza

5 Outubro, 2016 AGEe, Flotilla das Mulleres Rumbo a Gaza, GUE/NGL, Israel, Lidia Senra, Palestina
  • A voceira de AGEe asina unha carta conxunta para a alta presentante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini 
  • Reclaman acordos e conversacións co Goberno do Estado de Israel para garantir a integridade das persoas e a libre navegación do barco 

 Santiago, 5 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), xunto a outras 14 eurodeputadas e eurodeputados do Estado español, veñen de remitir unha carta á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini, na que reclaman que se inicien por parte da UE os “acordos e conversacións necesarios co Goberno do Estado de Israel para protexer a integridade” dos dous barcos que conforman a Flotilla das Mulleres Rumbo a Gaza e que partiron a finais de setembro de Messina e de Barcelona.

Na misiva, as eurodeputadas e eurodeputados –Lídia Senra, Marina Albiol, Xabier Benito, Javier Couso, Tania Gonzalez, Josu Juaristi, Paloma López, Ernest Maragall, Lola Sánchez, Jordi Sebastià, Josep-Maria Terricabras, Estefanía Torres, Miguel Urbán, Ernest Urtasun e Ángela Vallina-, alertan de que o Goberno israelí de Benjamín Netanyahu xa ordenou ao exército israelí achegarse este mércores aos barcos e impedirlle chegar a Gaza para mostrar a solidariedade de millóns de cidadáns de todo o mundo co pobo e as mulleres palestinas e chamar a atención sobre a crise humanitaria que sofren dende o 2006.

As eurodeputadas e eurodeputados asinantes advirten de que “esta ameaza pon en serio perigo a integridade física” das mulleres de trece nacionalidades diferentes que viaxan nesta Flotilla, entre as que se encontran cidadás europeas, coma a Premio Nobel da Paz irlandesa Mairead Maguire ou a fotógrafa española Sandra Barrilaro.

concentracions-apoio-a-flotilla-mulleres-rumbo-a-gazaTendo en conta que a primeira Flotilla que tentara chegar a Gaza polo mar no 2010 rematou coa asalto ao barco turco Mavi Marmara a mans do exército israelí, acabando na morte de dez activistas turcos, Lídia Senra e as outras 14 persoas asinantes reclaman de urxencia que a UE medie o necesario co Estado de Israel para que se permita a “libre navegación da Flotilla ata que acade Gaza” e se protexa a integridade das mulleres que van nela.

A maiores, a eurodeputada galega Lídia Senra, apoia as convocatorias –realizadas pola Marcha Mundial das Mulleres, BDS-Galiza e Womens’s Boat Gaza– de concentracións de protesta pola ameaza israelí á Flotilla das Mulleres Rumbo a Gaza, previstas para hoxe ás 19 horas da tarde en Ourense –fronte á Subdelegación do Goberno-, Compostela –Praza do Pan-, A Coruña – Praza de Ourense-, Ferrol – Praza do Concello-, Vigo –Praza do MARCO-, Lugo –Praza do Concello-, e Pontevedra –Praza da Peregrina-.

Lídia Senra asistiu ademais o martes pola tarde no Parlamento Europeo, en Estrasburgo, á reunión organizada polo GUE/NGL, na que tres coordinadoras da Flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza informaron sobre o proxecto de solidariedade internacional.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies