AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “É fundamental que se faga constar o país de orixe na etiquetaxe dos produtos do mar”

11 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, celsa gonzalez, comercio xusto, compromiso por europa, En Marea, ENCE, etiquetaxe, illa de tambo, Lidia Senra, marisqueo, Ría de Pontevedra

photo5958714223926292356

  • Realizou hoxe unha viaxe pola ría de Pontevedra acompañada por colectivos pesqueiros e sociais, aos que explicou que seguirá dando a batalla para sacar a Ence da ría e non permitir o cebo de peixes no mar
  • Defende que se suba ao 0,30 o coeficiente redutor da idade de xubilación para todos os traballadores e traballadoras do mar que están por debaixo, como son por exemplo as mariscadoras e redeiras

Pontevedra, 11 de maio de 2019. A eurodeputada galega Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, realizou hoxe ao mediodía unha viaxe pola ría de Pontevedra, a bordo do Catamarán O Pelegrín, acompañada por diferentes colectivos pesqueiros e sociais da zona e pola candidata de Avante Poio ás eleccións municipais, Silvia Díaz, e a integrante da lista electoral europea Celsa González Ogando.

Durante o percorrido, Senra considerou fundamental seguir loitando en Europa para lograr unhas rías limpas, para sacar a ENCE da ría e para non permitir o cebo de peixes no mar e poder frear a acuicultura industrial. Así mesmo, defendeu que se suba ao 0,30 o coeficiente redutor da idade de xubilación para todos os traballadores e traballadoras do mar que están por debaixo, como son por exemplo as mariscadoras e redeiras. Tamén marcou como prioridade continuar a traballar para que conste o país de orixe na etiquetaxe dos produtos do mar. “Xa o defendemos neste mandato no Parlamento Europeo, recollendo a demanda específica do sector mexilloeiro, e seguiremos traballando para que se faga realidade canto antes na UE”, dixo Senra.

Na viaxe en barco, a eurodeputada tivo a ocasión de poder intercambiar impresións cos membros de Ameconra (Asociación de mexilloeiros de Combarro e Raxó), da Asociación de mulleres do mar de Poio, da Irman Illa de Tambo, da Asociación de veciños, cultural e recreativa de Combarro, da Asociación Umia Vivo, do Colectivo pola defensa do territorio Anovaterra e do Colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña.

photo5958714223926292354 photo5958714223926292348

A eurodeputada tamén visitou a feira de Catro Ponlas en Pontevedra en apoio ao comercio xusto

Antes desta visita pola ría, tamén hoxe Lídia Senra, acompañada do voceiro de En Marea, Luís Villares, e polos integrantes da lista electoral europea Xoán Hermida e Celsa González, visitou pola mañá a feira Catro Ponlas na propia cidade de Pontevedra, onde reivindicou o comercio xusto como base para que os labregos e labregas poidan vivir dignamento do seu traballo e para que se poida levar un maior desenvolvemento local. “A UE debe apostar pola soberanía alimentaria e o comercio de proximidade como vía para manter o emprego no rural”, defendeu. (Máis información entrando aquí)

feira lidia celsa na feira

Acto feminista en Santiago

Senra completará a axenda de hoxe cun encontro feminista ás 18:30 horas na Casa das Mulleres de Santiago de Compostela. A eurodeputada considera prioridade total que a UE promova a incorporación e a participación das mulleres en pé de igualdade en todos os ámbitos, que se acabe coa fenda salarial e de xénero e que se poñan sobre a mesa políticas e medidas que permitan erradicar no día a día a violencia machista.

190511 Cartel acto feminista sen vota

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies