AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra desprazarase ao País Vasco para participar nos actos da VII Conferencia Internacional da Vía Campesina

14 Xullo, 2017 agricultura, derio, labregas, Lidia Senra, País Vasco, via campesina, VII Conferencia Internacional da Vía Campesina
  • A eurodeputada galega estará en Derio desde o luns e até o xoves e intervirá o martes nunha mesa redonda na V Asemblea de Mulleres da Vía sobre “Participación política das mulleres”
  • A parlamentaria tamén estará presente na Cerimonia de Apertura da Conferencia o mércores pola mañá, onde realizará unha intervención os desafíos para a agricultura europea

cartaz VII Conferencia internacional

Santiago, 14 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), desprazarase a próxima semana até o País Vasco para participar nos actos organizados con motivo da V Asemblea de Mulleres da Vía Campesina, que se celebrará o luns e o martes, baixo o lema de “Construímos movemento para cambiar o mundo, con feminismo e soberanía alimentaria”; e tamén para participar na VII Conferencia Internacional da Vía Campesina que se desenvolverá a partir do mércores no municipio de Derio baixo o lema “Alimentamos os nosos pobos e construímos movemento para cambiar o mundo!”.

Concretamente, Senra participará o martes entre as 8:45 e as 9:45 horas da mañá intervindo nunha mesa redonda sobre “Participación política das mulleres”.

Xa o mércores pola mañá, a europarlamentaria asistirá á Cerimonia de Apertura da VII Conferencia da Vía Campesina, onde está previsto que realizará unha pequena intervención sobre a importancia de realizar este encontro en Europa, sobre os desafíos aos que se enfronta actualmente a agricultura europea, a súa conexión con procesos globais, e as accións levadas a cabo desde o Parlamento Europeo para intentar cambiar ou darlle voz ás labregas e labregos.

Segundo a organización, está previsto que uns 500 labregos e labregas, membros de máis de 160 organizacións procedentes de 73 países de todo o mundo, se reúnan en Derio nesta cita internacional, co obxectivo de intercambiar experiencias, debater e reafirmar o seu compromiso en construír un camiño común cara á soberanía alimentaria, baseado nos dereitos e na herdanza das labregas e labregos, poboacións rurais, pobos indíxenas e outros pequenos produtores e produtoras de alimentos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies