AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia no pleno do Parlamento Europeo a manipulación e o uso partidista da CRTVG

2 Outubro, 2018

 

  • Acusou ao PP de ter convertido a televisión pública galega no seu gabinete de comunicación e pediu intervención urxente do PE e da CE
  • Esta denuncia engádese ás preguntas parlamentarias dirixidas á CE nas que a eurodeputada tamén solicitou o desenvolvemento da Lei 9/2011

Estrasburgo, 02 de Outubro de 2018. Lídia Senra denunciou unha vez máis nas institucións europeas o control partidista ao que o Partido Popular ten sometido a Compañía de Radio Televisión Pública de Galicia (CRTVG).

Senra_010918_CRTVG
Intervención de Lídia Senra durante a sesión plenaria do Parlametno Europeo en Estrasburgo

Logo de ter rexistrado xa tres preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea solicitando que se investigue a situación por parte de diferentes organismos europeos e que desenvolva a Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, entrada a noite de onte, e vestindo unha camiseta na que se podía ler a reivindicación #DefendeAGalega, a eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) interveu para chamar a atención sobre este ataque ao pluralismo informativo que está a ter lugar no noso país. “Neste Parlamento, con moita frecuencia denunciamos con preocupación a manipulación informativa e a falta de pluralidade nos medios de comunicación en diferentes países, na plenaria do mes pasado fixémolo con Hungría. Hoxe quero denunciar aquí a falta de pluralidade, a manipulación e o control ao que o Goberno galego ten sometida a radio e televisión pública galega”.

O deterioro e uso partidista continuo da CRTVG, explicou na Eurocámara, non só ten convertido a canle pública galega “nun voceiro ao servizo do Partido Popular”, senón que está a conlevar un durísimo ambiente laboral na Compañía, con apertura de expedientes displicinarios e ameazas de despido ás traballadoras e traballadores que denuncian a manipulación neste ente público. “Este feito levou aos traballadores e traballadoras da compañía a mobilizarse. Levan xa 19 xornadas de venres negro, unha xornalista e un xornalista dimitiron como presentadores dun dos informativos e o 8 de setembro organizaron unha xornada de mobilización polas rúas da capital galega.”

Facendo uso da súa quenda de intervención libre, a eurodeputada aproveitou para enumerar as reivindicacións das traballadoras e traballadores da CRTVG: “O fin do control por parte do goberno galego da radio e televisión públicas, que se respecte a imparcialidade e pluralidade que deben ter os medios de comunicación e o respecto polos dereitos laborais das e dos traballadores”.

Logo de expor os puntos clave da difícil situación pola que está a atravesar a plantilla de traballadoras/es da radio e televisión pública galega, e ao fío do marco establecido  Directiva 2010/13/UE, insistiu ás institucións comunitarias: “A Comisión Europea e este Parlamento teñen que intervir con urxencia para que o Goberno galego poña fin aos anos de control e manipulación que teñen convertido a CRTVG no gabinete de comunicación do Goberno e do Partido Popular”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies